Unhas 2.000 persoas maniféstanse en Compostela en defensa do sistema público de pensións. Consideran que este é "perfectamente viable" se poñen en marcha unhas políticas laborais "distintas". Foto de @galizaCIG.

Unhas 2.000 persoas maniféstanse en Compostela en defensa do sistema público de pensións. Consideran que este é "perfectamente viable" se poñen en marcha unhas políticas laborais "distintas". Foto de @galizaCIG.
O conselleiro de Educación anuncia mil prazas docentes en Infantil, Primaria e Secundaria. A Xunta di que pretende chegar, polo menos, ao 100% da taxa de reposición de efectivos.
O PSOE desvela que Louzán gastou 9.071 euros a cargo da Deputación nunha cea no Ritz. Santos Héctor, secretario provincial dos socialistas, asegura que o anterior goberno provincial de Pontevedra "só ía a Fitur para pagar comilonas e aloxarse no Ritz".
O pleno do Concello de Lalín aproba declarar "persoa non grata" o ex-ministro Federico Trillo pola xestión do accidente do Yak-42, no que faleceu un veciño da vila
A Fronte Obreira Galega (FOGA) asina con Ana Pontón a súa integración no BNG. "É un día gratificante e de celebración porque sumamos máis persoas e máis pluralidade para redeseñar a casa común do nacionalismo", di a portavoz nacional do Bloque.
Feijóo rexeita promover unha tarifa eléctrica galega: "Ningún español o entendería". O presidente da Xunta considerou este venres, a preguntas da prensa, que "este tipo de plantexamentos non se sosteñen nin en España nin en Europa" porque implicaría que a tarifa varíe "en función do punto quilométrico no que se viva". O PP xa rexeitara esta proposta do BNG no Parlamento, aínda que votou a prol da mesma na Deputación de Lugo.
Suspendida a poxa dos terreos da Solana tras a xuntanza do alcalde da Coruña con Puertos del Estado. O proceso fica paralizado mentres continúan as conversas co Concello coruñés. A información, esta tarde en Praza.
O triatleta Javier Gómez Noya regresa á alta competición gañando o medio Iron Man de Dubai
VÍDEO | Manual de axuda para neofalantes, por Belén Regueira. A CTNL continúa a publicar os vídeos da segunda edición do LGx15, o evento que xunta ideas, reflexións e creacións a prol do futuro do idioma.
O Celta enfrontarase ao Alavés nas semifinais da Copa do Rei. O partido de ida disputarase en Balaídos o día 1 de febreiro.