O triatleta Javier Gómez Noya regresa á alta competición gañando o medio Iron Man de Dubai
Fálase
VÍDEO | Manual de axuda para neofalantes, por Belén Regueira. A CTNL continúa a publicar os vídeos da segunda edición do LGx15, o evento que xunta ideas, reflexións e creacións a prol do futuro do idioma.
O Celta enfrontarase ao Alavés nas semifinais da Copa do Rei. O partido de ida disputarase en Balaídos o día 1 de febreiro.
A Xunta propón o catedrático Santiago Lago como representante galego no grupo de expertos do financiamento autonómico. Lago é catedrático de economía aplicada na Universidade de Vigo e director do Foro Económico de Galicia
O Concello de Sarria aproba a contratación do tesoureiro e poderá retomar os pagamentos. O PP, que bloqueara o acordo por dúas veces, abandonou o pleno municipal xunto aos non adscritos antes da votación. Cóntao El Progreso
O PP de Valencia pagou a defensa dos seus imputados na Gürtel con cartos públicos. O grupo parlamentario abonou as minutas de varios investigados polo financiamento ilegal do partido na época de Camps.
O Estado ordenará cargar no recibo da luz o canon que a Xunta cobra ás eólicas. Enerxía lanza a orde coas subas en catro comunidades polos seus impostos ás eléctricas en 2013, un tributo que en Galicia suma 23 millóns de euros. Cóntao Faro de Vigo.
Trump prevé que México pague o muro cun arancel do 20% ás súas exportacións aos EUA. O paíz azteca insiste en que nunca pagará o valado proposto polo presidente estadounidense, que volveu cargar contra os medios nunha entrevista na FOX.
Un xulgado de Ourense arquiva o coñecido como caso das depuradoras por suposta fraude en adxudicacións da Deputación. O único investigado era o antigo enxeñeiro xefe do ente provincial e o xulgado subliña que "os delitos de tráfico de influencias e fraude de subvencións" estarían prescritos, porque os feitos datan dos anos 2003 e 2004.
O BNG anuncia a sinatura da integración da Fronte Obreira Galega no Bloque. Formalizarase nun acto en Vigo este venres no que participarán Ana Pontón e Xosé Carlos de la Fuente, presidente da FOGA.