Trump prevé que México pague o muro cun arancel do 20% ás súas exportacións aos EUA. O paíz azteca insiste en que nunca pagará o valado proposto polo presidente estadounidense, que volveu cargar contra os medios nunha entrevista na FOX.
Fálase
Un xulgado de Ourense arquiva o coñecido como caso das depuradoras por suposta fraude en adxudicacións da Deputación. O único investigado era o antigo enxeñeiro xefe do ente provincial e o xulgado subliña que "os delitos de tráfico de influencias e fraude de subvencións" estarían prescritos, porque os feitos datan dos anos 2003 e 2004.
O BNG anuncia a sinatura da integración da Fronte Obreira Galega no Bloque. Formalizarase nun acto en Vigo este venres no que participarán Ana Pontón e Xosé Carlos de la Fuente, presidente da FOGA.
Os sindicatos cifran entre un 70 e un 80% o seguimento na folga de telemárketing. CIG e CGT convocaron mobilizacións esixindo un convenio "xusto e digno". Foto de BNG.
Racha o principio de acordo ao que chegaran Marea Atlántica e PSdeG-PSOE para os orzamentos da Coruña. O Goberno local inicia o procedemento para a presentación dunha cuestión de confianza que lles permita aprobar as contas. "A Coruña non pode seguir agardando a que o PSOE amañe as súas cuestións internas", di Marea Atlántica, que acusa os socialistas de incumprir o pactado este mércores. Consulta aquí toda a información
Rajoy declárase "sorprendido" por que o PP pedise a nulidade do xuízo da Gürtel. Afirmouno nunha entrevista en Onda Cero.
O paro baixou en Galicia en 18.500 persoas en 2016 e en 2.600 persoas no último trimestre, segundo a EPA. No cuarto trimestre do pasado exercicio, a ocupación diminuíu en 8.300 persoas. Máis información, esta mañá en Praza.
Principio de acordo entre a Marea e o PSOE para aprobar os orzamentos da Coruña. Os socialistas faranse cargo do desenvolvemento dalgunha das súas propostas sen chegar a entrar, polo momento, no goberno.
Facenda impón multas de ata 1 millón de euros a vinte representantes de orquestras. Considéraos empresarios e acúsaos de non pagar o IVE.
O Celta empata ante o Madrid (2-2) e alcanza as semifinais da Copa tras un gran partido en Balaídos. O equipo vigués sufriu pero fixo valer a vitoria no Bernabéu da semana pasada.