Facenda impón multas de ata 1 millón de euros a vinte representantes de orquestras. Considéraos empresarios e acúsaos de non pagar o IVE.
Fálase
O Celta empata ante o Madrid (2-2) e alcanza as semifinais da Copa tras un gran partido en Balaídos. O equipo vigués sufriu pero fixo valer a vitoria no Bernabéu da semana pasada.
Trump pretende recuperar a tortura nos interrogatorios porque "funciona". "Combateremos lume con lume contra o Estado Islámico", di o presidente dos EUA nunha entrevista na ABC.
En Marea anuncia a proclamación definitiva dos resultados das eleccións ao Consello das Mareas, confirmando o reparto de representantes entre as tres listas (Máis Alá: 21, Somos Quen: 9 e Queremos Participar: 5) e rexeitando a alegación presentada por esta última candidatura
Abanca calcula que o "impacto" nas súas contas pola sentenza europea das cláusulas chan será duns 30 millóns de euros. Así o vén de comunicar á CNMV, á que aclara que esta cifra "preliminar" está "amparada" pola "garantía" do contrato da compra de Novagalicia Banco por parte de Banesco.
VÍDEO | O Celta lanza un vídeo para pedir o apoio da afección ante o transcendental encontro que o enfronta esta noite ao Real Madrid nos cuartos de final da Copa do Rei de fútbol
O sindicato CSI-F insta a Xunta a "revisar de oficio" todos os exames da oposición na que a Xustiza viu unha "conxura" para amañar o resultado. A sentenza do pasado xaneiro obrigou a Facenda a facer funcionaria a unha aspirante prexudicada.
Un dos aspirantes a substituír a Albert Rivera en Ciudadanos di querer "facer España grande outra vez, como diría Donald Trump". Juan Carlos Bermejo afirmouno na presentación da súa candidatura ao congreso do partido.
Democracia Ourensana presenta ante notario unha proposta de moción de censura contra o alcalde Jesús Vázquez, instando a PSOE e Ourense en Común a apoiar a Gonzalo Jácome como novo rexedor (texto da moción). Os dous grupos xa manifestaron nas últimas semanas a súa negativa a sumarse á iniciativa nestas condicións. DO, PSOE e OeC si pactaron en decembro un programa conxunto para a cidade ante o que cualificaron de "inoperancia do PP"
Unha empresa galega di tratar o cancro con auga da billa grazas aos filtros que vende por 90 euros e usa sen permiso logotipos de dúas universidades. Revélao GCiencia, que explica por que estas promesas de curación non se corresponden coa realidade.