O PSOE desvela que Louzán gastou 9.071 euros a cargo da Deputación nunha cea no Ritz. Santos Héctor, secretario provincial dos socialistas, asegura que o anterior goberno provincial de Pontevedra "só ía a Fitur para pagar comilonas e aloxarse no Ritz".
