Montoro insiste en sinalar os empregados públicos. "Os funcionarios teñen que traballar máis; o seu soldo págao toda España, non o pagan eles cos seus impostos", di o ministro de Facenda. #pleno
Fálase
#pleno Montoro: "Non hai cartos para pagar os servizos públicos", asegura o ministro de Facenda, que insiste en que o déficit "obria a prescindir do que non se pode pagar".
O diario El País resume os documentos do rescate que ocultou o Goberno central. O gabinete de Mariano Rajoy tampouco lle revelou á prensa española canto prevé recadar ou deixar de gastar con cada recorte.
Esta mañá debátese no Congreso dos Deputados a convalidación do decreto de recortes, defendido dende a tribuna polo ministro de Facenda, Cristóbal Montoro. Amaiur, Esquerra, Izquierda Plural e mais o BNG xa anunciaron que se ausentarán do hemiciclo durante a votación para non seren "cómplices" das medidas que está previsto que o PP aprobe en solitario.
CCOO e UGT esixen tamén un referendo sobre o paquete de recortes. Dende Galicia o BNG xa o solicitou formalmente, tanto no Congreso dos Deputados como no Parlamento galego. Na Cadena SER.
Nas portadas dos diarios impresos deste xoves a economía comparte espazo cos atentados de Siria sucedidos onte. El Periódico de Catalunya repasa na súa primeira páxina as promesas do programa electoral do PP e as medidas que tomou o Goberno central en sentido contrario.
A asociación de veciños coruñesa de Oza-Gaiteira-Os Castros pide ao Concello que manteña a súa promesa de mudar o nome da rúa General Sanjurjo pola de Avenida de Oza para "non borrar a historia e a pegada que o antigo Concello de Oza tivo na cidade". A agrupación aposta por unha rúa para o Deportivo, pero "non a costa de borrar a nosa memoria colectiva".
O Encontro Irmandiño publica o vídeo do discurso de Xosé Manuel Beiras na clausura da asemblea constituínte de ANOVA-Irmandade Nacionalista
A Fundación FAES, ligada ao PP e dirixida por José María Aznar, cualificaba en 2010 a Hugo Chávez de "apóstolo da violencia" e acusábao de "subvertir a orde democrática en todo o mundo". Este mércores, o ministro de Defensa vén de considerar "gran amigo de España" ao presidente de Venezuela.
Amaiur, ERC, BNG e Izquierda Plural non estarán presentes este venres na votación do último paquete de recortes do Goberno. Ausentaranse para non ser "cómplices" dos duros axustes do Executivo.