O Encontro Irmandiño publica o vídeo do discurso de Xosé Manuel Beiras na clausura da asemblea constituínte de ANOVA-Irmandade Nacionalista
Fálase
A Fundación FAES, ligada ao PP e dirixida por José María Aznar, cualificaba en 2010 a Hugo Chávez de "apóstolo da violencia" e acusábao de "subvertir a orde democrática en todo o mundo". Este mércores, o ministro de Defensa vén de considerar "gran amigo de España" ao presidente de Venezuela.
Amaiur, ERC, BNG e Izquierda Plural non estarán presentes este venres na votación do último paquete de recortes do Goberno. Ausentaranse para non ser "cómplices" dos duros axustes do Executivo.
Panrico pecha a histórica planta de Donuts en Santiago e deixa 100 persoas na rúa. Cóntao Economía Digital
"Calquera outra persoa estaría de baixa, pero eu teño que currar", di o Rei de España nunha conversa informal con xornalistas durante unha viaxe a Rusia ao referirse a unha intervención cirúrxica de hai tres meses.
O ministro de Defensa, Pedro Morenés, sinala no Congreso dos Deputados que o presidente de Venezuela, Hugo Chávez, é "un gran amigo de España". O PP criticou duramente as relacións do Goberno socialista con Chávez, a quen incluía dentro das "amizades perigosas" de Zapatero. As declaracións do ministro recólleas a prensa española e tamén o Diario de Caracas.
Desaloxan do Congreso varias mulleres de mineiros que protestaban contra os recortes. Algunhas delas denuncian vexacións por parte da Policía.
Os traballadores de Navantia protestan cunha caravana de coches en Ferrol pola falta de carga de traballo. Os sindicatos aseguran que "perigan 2.000 empregos" á volta do verán.
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, participa na delegación enviada polo Parlamento europeo a Paraguai para "indagar as circunstancias da fulminante destitución de Fernando Lugo como presidente do país tras un "xuízo político sumarísimo"