Desaloxan do Congreso varias mulleres de mineiros que protestaban contra os recortes. Algunhas delas denuncian vexacións por parte da Policía.
Fálase
Os traballadores de Navantia protestan cunha caravana de coches en Ferrol pola falta de carga de traballo. Os sindicatos aseguran que "perigan 2.000 empregos" á volta do verán.
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, participa na delegación enviada polo Parlamento europeo a Paraguai para "indagar as circunstancias da fulminante destitución de Fernando Lugo como presidente do país tras un "xuízo político sumarísimo"
Nocomún bota contas: cos recortes do Goberno central, un freelance ten que xerar máis de 2.300 euros ao mes en facturas para lograr ser mileurista
Anova confirma que realizará o seu propio "acto político" o 25 de xullo, cunha intervención "dunha pluralidade de voces" e do seu portavoz nacional, Xosé Manuel Beiras. A nova organización fai ademáis "un chamado a acudir a todos os actos que se celebren en conmemoración este día de galegos de nación".
Outra nova protesta de funcionarios percorre a estas horas o centro de Madrid provocando problemas de tráfico. Imaxe de @sannicolita
Guillerme Vázquez chama a "secundar masivamente" as manifestacións deste xoves contra os recortes do Goberno de Mariano Rajoy. O voceiro nacional do BNG lembra que "na Galiza real hai sufrimento, emigración e caída demográfica".
A morosidade do sistema financeiro roza o 9% en maio, a tan só dúas décimas do máximo histórico. Os impagos de créditos alcanzaron o 8,95%5 no quinto mes do ano, moi preto da marca de febrero de 1994.
A web Sololistas recompila dez dos rexistros negativos que encabeza o Estado español. Entre eles figura o paro, o consumo de cocaína ou a escasa limpeza nos ríos.
Roi Casal adianta o primeiro sinxelo do seu terceiro disco, Vai alborexar. Podédelo escoitar aquí.