Guillerme Vázquez chama a "secundar masivamente" as manifestacións deste xoves contra os recortes do Goberno de Mariano Rajoy. O voceiro nacional do BNG lembra que "na Galiza real hai sufrimento, emigración e caída demográfica".
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5006991135b37-guillermeenvigo2.jpg)
Guillerme Vázquez chama a "secundar masivamente" as manifestacións deste xoves contra os recortes do Goberno de Mariano Rajoy. O voceiro nacional do BNG lembra que "na Galiza real hai sufrimento, emigración e caída demográfica".
A morosidade do sistema financeiro roza o 9% en maio, a tan só dúas décimas do máximo histórico. Os impagos de créditos alcanzaron o 8,95%5 no quinto mes do ano, moi preto da marca de febrero de 1994.
A web Sololistas recompila dez dos rexistros negativos que encabeza o Estado español. Entre eles figura o paro, o consumo de cocaína ou a escasa limpeza nos ríos.
Roi Casal adianta o primeiro sinxelo do seu terceiro disco, Vai alborexar. Podédelo escoitar aquí.
De Guindos advirte que a modificación lexislativa sobre as preferentes non terá carácter retroactivo, polo que deixa poucas alternativas aos afectados pola estafa masiva.
"Este Goberno ten que decidir entre o mal e o mal peor; non podo decidir entre o ben e o mal", asegura Mariano Rajoy na sesión de control do Congreso, onde recoñece que optou pola vída máis difícil e dura para intentar saír da crise.
A Terra Cha tamén se une ás manifestacións deste xoves 19 contra os recortes do Goberno de Mariano Rajoy. Os cidadáns están convocados ás 20.30 horas ante a Casa da Cultura de Vilalba.
A pasada noite Becerreá sufriu un tremor de terra de 3,1 graos sen que se producisen danos de importancia
Xosé Manuel Beiras é, dende a pasada noite, portavoz nacional de ANova-Irmandade Nacionalista, tras ser elixido pola Coordinadora Nacional da nova formación, constituída o pasado sábado.