O Ministerio do Interior incluirá as pistolas de paintball no regulamento de armas, segundo conta La Información
O Ministerio do Interior incluirá as pistolas de paintball no regulamento de armas, segundo conta La Información
Ángel Carromero, dirixente de Nuevas Generaciones condenado en Cuba por homicidio imprudente, cobra máis de 50.000 euros anuais por "axudarlle a unha concelleira" de Madrid. Cóntao El País.
O Partido Socialista de Portugal advirte de que non será "cómplice" dos novos recortes impostos polo FMI e reclama eleccións anticipadas se son aplicados. No diario Público.
O PP confirma que vetará a investigación dos contratos de Baltar na Deputación de Ourense. Cóntao Galiciaé
O Obradoiro pode conseguir esta mañá a súa primeira clasificación para a Copa do Rei de baloncesto. Participará no torneo se lle gaña ao Joventut no partido que comeza ás 12:40 e que retransmite en directo a TVG2.
El País detalla a "guerra" de alcaldes do PP contra minas e parques eólicos autorizados pola Xunta
As portadas dos diarios impresos deste domingo son diversas. El País ofrece un inquérito no que o 96% dos españois sinala que a corrupción no Estado é moi alta. En La Razón, Ruiz-Gallardón asegura que non haberá beneficios penitenciarios para os presos de ETA. En Galicia, El Progreso detalla que o Goberno central non ofrece datas para o prometido tren rápido a Madrid.
Bilbao acolleu esta tarde unha multitudinaria manifestación na que se esixiu "un cambio de raíz na política penitenciaria". En El Diario
Esta tarde a organización xuvenil Isca! clausurou en Compostela a súa IV Asemblea Nacional, celebrada baixo o lema Semente de revolución. Nela apostaron "pola vixencia e a necesidade dunha fronte ampla, unitaria e plural do nacionalismo de esquerda como a que o BNG representa".
O Celta perde por 1-0 ante o Espanyol