As portadas dos diarios impresos deste domingo son diversas. El País ofrece un inquérito no que o 96% dos españois sinala que a corrupción no Estado é moi alta. En La Razón, Ruiz-Gallardón asegura que non haberá beneficios penitenciarios para os presos de ETA. En Galicia, El Progreso detalla que o Goberno central non ofrece datas para o prometido tren rápido a Madrid.