O pacto entre PSOE e Ciudadanos deixa a Podemos fóra da Mesa da Deputación Permanente, o órgano que dirixirá o Congreso se se disolven as Cortes en maio pola convocatoria das eleccións en xuño. O PP contará con dous membros, o PSOE outros dous e Ciudadanos un
Fálase
Dimiten dous edís do Goberno municipal de Ferrol: Eugenia Freire (Ferrol en Común) e Felipe Sas (PSdeG-PSOE), responsables de Facenda e Promoción Económica, respectivamente, que alegaron motivos laborais.
A defensa de Diego Torres no xuízo polo caso Nóos pide "a expulsión de Manos Limpias" como acusación popular no proceso que tamén xulga a infanta Cristina. O tribunal estudará a petición este mércores, no remate da sesión.
Miguel Anxo Fernán Vello, deputado de En Marea, iniciou onte pola tarde unha folga de fame para denunciar "o vergoñento acordo UE-Turquía" sobre os refuxiados.
En 2017 o tren entre A Coruña e Vigo (155,6 quilómetros) tardará menos que o que circula entre A Coruña e Ferrol (69 quilómetros). 70 minutos fronte a 75.
Este mércores reúnense na Moncloa Rajoy e Puigdemont, unha xuntanza na que o presidente catalán porá sobre a mesa o plan independentista
El Diario entrevista a Mario Cortés, ex enfermo de hepatite que fundou a plataforma de afectados que logrou que o Goberno financiase os tratamentos de última xeración. Di que "os políticos foron responsables de moitas mortes por hepatite C" e que "os enfermos deben reclamar e, se fai falla, ocupar"
Cómodas vitorias de Trump e Clinton nas primarias do estado de Nova York. Os dous candidatos afianzanas súas vantaxes sobre Cruz e Sanders, á espera do vindeiro martes, no que están en xogo outros cinco estados, entre eles Pensilvania.
O pleno do Congreso debaterá a creación da comisión de investigación do accidente de Angrois, segundo vén de anunciar Alexandra Fernández (En Marea). A única oposición ao debate foi a do PP, que ve "absurdo" crear a comisión. Máis información, hoxe en Praza.
O Goberno central condecora a Leopoldo Rubido, alcalde de Cedeira dende o franquismo e en dúas etapas máis co PP, ata 2013. O exrexedor foi coñecido por erguer un monolito en honra de Franco ou por cederlle un albergue municipal a unha organización a prol da ditadura. Cóntao El BOE nuestro de cada día