Centos de persoas manifestáronse este domingo en Compostela en protesta pola ilegalización de Causa Galiza, decidida polo xuíz Eloy Velasco.
Fálase
O cerco levantará ás 12 horas, cun acto simbólico, o seu campamento. Leranse dous comunicados, un a cargo do presidente de Acerga, José Blanco, e outro a cargo dunha das portavoces das mulleres do cerco, Lucia Olveira. Os barcos volverán faenar este luns, pero advirten de que continuarán coas mobilizacións, en protesta coa cota concedida.
O acordo de libre comercio con Canadá cuestiona a auga como ben público na UE. O CETA inclúe o saneamento ou o tratamento de augas residuais como áreas negociables
Santiago Alba Rico analiza a situación de Túnez, cinco anos despois da revolución que expulsou a Ben Alí
O PPdeG celebrará en marzo os seus catro congresos provinciais. O congreso autonómico, no que se decidirá o candidato á Presidencia da Xunta, terá lugar en abril ou maio.
Tomás Fajardo, presidente da Federación Galega de Confrarías, someterase o vindeiro 13 de febreiro a unha moción de confianza, despois de que a Federación Provincial de Pontevedra pedise o seu cese e de que dimitise o presidente segundo da Federación, José Manuel Rosas. Fajardo é acusado de non apoiar suficientemente o sector no conflito do cerco.
Pablo Iglesias chamou o venres a Junqueras (ERC) e Homs (CDC) para falar da actualidade política e sobre todo da situación en Catalunya. Cóntao El Periódico.
A fraude de Acuamed leva a AGE a pedir que se audite o proxecto da EDAR de Ferrol para descubrir "se en Galicia tamén se utilizaba o mesmo modus operandi". A empresa estatal Acuaes, empresa irmá de Acuamed, tamén levou a cabo obras en Ribeira ou Vigo.
O PSOE considera "inaceptable" a decisión de Rajoy de non presentarse á investidura. Os socialistas néganse a emprender negociacións con outras forzas políticas para tentar formar goberno e sinalan que trala nova rolda de consultas o rei Felipe VI debería volver realizar o encargo a unha persoa do Partido Popular.
O novo presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Dieter Moure, afirma que España, con Podemos no Goberno, correría o risco de converterse en Venezuela, Grecia "ou algo parecido". Aposta por un pacto entre PP, PSOE e Ciudadanos