A intervención (virtual) de Sánchez Gordillo no festival Rototom de Benicàssim colapsa o foro social deste festival de reggae, que tamén contou coa participación de Zygmunt Bauman. O alcalde de Marinaleda non puido desprazarse ao evento, como estaba previsto, e tivo que realizar a súa charla por videoconferencia.
Fálase
Olga Rodríguez analiza en Eldiario.es o conflito sirio e explica que Siria leva meses intervida por actores rexionais e internacionais. Rodríguez fala da axuda de Francia, EE.UU., Reino Unido, Turquía e Qatar aos rebeldes e do apoio militar e diplomático de Rusia e Irán ao goberno de Assad
Navarra manterá a atención sanitaria ás persoas migrantes en situación irregular, que o vindeiro 1 de septiembre quedarán excluidas do Sistema Nacional de Saúde no resto do Estado. O Goberno Foral garantirá este dereito para os inmigrantes que acrediten un ano de residencia na comunidade e farao a través da actualización dun decreto de 1996.
A Audiencia Nacional obriga o El Corte Inglés a informar a Facenda sobre os gastos dos seus mellores clientes, aqueles que desembolsaron máis de 30 mil euros cada ano. Até o de agora a cadea negárase a revelar os datos sobre os usuarios da súa tarxeta de pagamento.
A exposición estrela da Cidade da Cultura, Gallaecia Petrea, cun custe de 1,5 millóns de euros, tivo ao longo deste verán unha media de só 375 visitantes diarios.
Os e as estudantes chilenas convocan hoxe unha folga en todo o país, que incluirá 14 manifestacións simultáneas en Santiago de Chile. Esixen a redución dos elevados custes das carreiras universitarias e que o sistema educativo básico sexa administrado polo Estado e non polos municipios
As enerxías renovables aforran a Europa máis cartos do que reciben en primas e subvencións, salienta eldiario.es. De 1998 a 2008 achegaron un aforro de 8000 millóns de euros anuais.
Mercadona quere limpar a súa imaxe en Internet, despois das varias informacións negativas publicadas a pasada semana (a retirada de cosméticos e a suba anticipada do IVE), e para iso está formando os seus empregados do departamento de comunicación en estratexias das redes sociais.
Esquerda Unida da Coruña afirma que as prebendas concedidas a Fontenla por parte de PP e PSOE demostran "a coincidencia en canto ao xeito de facer e entender a política" e que tanto un coma outro "defenden a unha casta de poderosos na cidade”. A coalición de esquerdas fai referencia a unha recente sentenza da Audiencia Provincial que obriga á empresa da familia Fontenla Inversora Obelisco SA a repartir a plusvalía obtida en 2005 por importe de 16,1 millóns de euros libres de impostos, pola venta da parcela onde se construiu Espacio Coruña.
O Goberno recortará o número de beneficiarios da prestación de 400 euros para desempregados sen axudas. O Executivo non incrementará a cantidade que destina para esta partida, e a subida até 450 euros para algunhas persoas compensarase coa imposibilidade de que a reciban os mozos con pais con ingresos