El Periódico afirma que Montoro e Mato comezan a estar nas quinielas do PP para sair do Goberno
El Periódico afirma que Montoro e Mato comezan a estar nas quinielas do PP para sair do Goberno
Trías confirma ante a Fiscalía Anticorrupción a autenticidade das anotacións contables ocultas de Bárcenas
Nace a Revista FIVE, unha publicación anual en papel cos mellores contidos de Yorokobu, Diario Kafka, Naukas, Politikon e Jot Down Magazine.
O primeiro ministro tunecino anuncia a disolución do seu goberno e a formación dun formado por tecnócratas. O país rexistra masivas protestas contra o goberno islamista polo asasinato de Chokri Belaïd, dirixente dun pequeno partido de esquerda
Os traballadores de Navantia saen "como entraron" da reunión coa Xunta ao non ver "avances" no futuro do dique flotante ou dos contratos de Pemex. O conselleiro de Economía anuncia contactos coa petroleira mexicana para a vindeira semana.
Detractores e defensores de Baltar recíbeno antes da súa declaración nos xulgados de Ourense. Acólitos do ex presidente da Deputación e alcaldes do PP abrázano e apláudenlle á súa chegada. Imaxe de @AnovaOurense.
O BNG votou en contra da normativa marco da Política Pesqueira Común (PPC) 2014-2020 aprobada hoxe polo Parlamento Europeo, ao entender que o documento é "maximalista en termos medioambientais" pero "minimalista en termos sociais" e non ten en conta as "graves consecuencias" económicas e de emprego que terá para o sector pesqueiro galego.
No barómetro elaborado polo CIS Mariano Rajoy obtén unha valoración media de 2.81 puntos sobre dez. E inspira "pouca" ou "ningunha" confianza no 82.1% dos entrevistados.
O PP aventaxa en menos de 5 puntos ao PSOE en intencion de voto segundo o barómetro do CIS correspondente ao mes de xaneiro. Nesta enquisa realizada antes das revelacions do caso Bárcenas, os populares perderían dez puntos con respecto ás eleccións de novembro de 2011. IU (9,4%) e UPyD (6,8%) mellorarían en dous puntos os resultados obtidos nos comicios.
Jesús Vázquez ve "un erro" a folga estudantil e pide aos convocantes que "non confundan e enganen" á cidadanía". Máis información, nuns minutos en Praza.