Detractores e defensores de Baltar recíbeno antes da súa declaración nos xulgados de Ourense. Acólitos do ex presidente da Deputación e alcaldes do PP abrázano e apláudenlle á súa chegada. Imaxe de @AnovaOurense.
Detractores e defensores de Baltar recíbeno antes da súa declaración nos xulgados de Ourense. Acólitos do ex presidente da Deputación e alcaldes do PP abrázano e apláudenlle á súa chegada. Imaxe de @AnovaOurense.
O BNG votou en contra da normativa marco da Política Pesqueira Común (PPC) 2014-2020 aprobada hoxe polo Parlamento Europeo, ao entender que o documento é "maximalista en termos medioambientais" pero "minimalista en termos sociais" e non ten en conta as "graves consecuencias" económicas e de emprego que terá para o sector pesqueiro galego.
No barómetro elaborado polo CIS Mariano Rajoy obtén unha valoración media de 2.81 puntos sobre dez. E inspira "pouca" ou "ningunha" confianza no 82.1% dos entrevistados.
O PP aventaxa en menos de 5 puntos ao PSOE en intencion de voto segundo o barómetro do CIS correspondente ao mes de xaneiro. Nesta enquisa realizada antes das revelacions do caso Bárcenas, os populares perderían dez puntos con respecto ás eleccións de novembro de 2011. IU (9,4%) e UPyD (6,8%) mellorarían en dous puntos os resultados obtidos nos comicios.
Jesús Vázquez ve "un erro" a folga estudantil e pide aos convocantes que "non confundan e enganen" á cidadanía". Máis información, nuns minutos en Praza.
Traballadores de Novagalicia Banco maniféstanse en varias cidades do país contra o ERE previsto na entidade. As protestas contra os plans de reestruturación chegan tamén a oficinas de todo o Estado, como as de Cataluña. Imaxe de @pereventuras.
Comezan en Galicia as manifestacións contra a Lei Wert e os recortes no ensino nunha xornada de folga xeral na ensinanza de Secundaria e no Bacharelato. Hai 25 manifestacións convocadas no país. Imaxe de @rubencomesana.
O ex deputado popular Jorge Trías afirma ante os medios despois de declarar sobre a suposta contabilidade segreda do PP: "cumprín co meu deber"
Os comités de empresa da contrata de limpeza do Hospital Clinico de Santiago están neste momento pechados na xerencia do centro hospitalario en protesta contra a concesionaria CLECE SA.
A voceira do PP, Paula Prado, cualifica o BNG de "totalitarista" para opoñerse a unha iniciativa dos nacionalistas contra as taxas xudiciais, que se debate a esta hora no Parlamento. Non obstante, admite que "algunhas" destas taxas "poden ser excesivas".