Comezan en Galicia as manifestacións contra a Lei Wert e os recortes no ensino nunha xornada de folga xeral na ensinanza de Secundaria e no Bacharelato. Hai 25 manifestacións convocadas no país. Imaxe de @rubencomesana.
Comezan en Galicia as manifestacións contra a Lei Wert e os recortes no ensino nunha xornada de folga xeral na ensinanza de Secundaria e no Bacharelato. Hai 25 manifestacións convocadas no país. Imaxe de @rubencomesana.
O ex deputado popular Jorge Trías afirma ante os medios despois de declarar sobre a suposta contabilidade segreda do PP: "cumprín co meu deber"
Os comités de empresa da contrata de limpeza do Hospital Clinico de Santiago están neste momento pechados na xerencia do centro hospitalario en protesta contra a concesionaria CLECE SA.
A voceira do PP, Paula Prado, cualifica o BNG de "totalitarista" para opoñerse a unha iniciativa dos nacionalistas contra as taxas xudiciais, que se debate a esta hora no Parlamento. Non obstante, admite que "algunhas" destas taxas "poden ser excesivas".
O Goberno dos Estados Unidos valora ofrecer wifi pública en todo o país. O proxecto ten a oposición de xigantes tecnolóxicos como Microsoft ou Google e do Partido Republicano. Recólleo El País.
España podería destruír 300.000 postos de traballo máis antes de iniciar a recuperación, segundo asegura Cinco Días. Banca, sector público e construción concentrarían a perda de emprego.
Ás portas do Entroido Disquecool fai unha recompilación de "disfraces para culturetas"
O 90% das oficinas de Novagalicia Banco están pechadas nesta xornada de folga, segundo aseguran os sindicatos. Imaxe de @galizacig.
José Luis Baltar declarará este mércores ante o xuiz Leonardo Álvarez por un posible delito continuado de prevaricación
Novagalicia Banco, única entidade que hoxe está en folga. Os seus traballadores están chamados a un paro histórico de 24 horas para protestar contra os duros plans de reestruturación que implicarían máis de 2.000 despidos.