O Goberno dos Estados Unidos valora ofrecer wifi pública en todo o país. O proxecto ten a oposición de xigantes tecnolóxicos como Microsoft ou Google e do Partido Republicano. Recólleo El País.
O Goberno dos Estados Unidos valora ofrecer wifi pública en todo o país. O proxecto ten a oposición de xigantes tecnolóxicos como Microsoft ou Google e do Partido Republicano. Recólleo El País.
España podería destruír 300.000 postos de traballo máis antes de iniciar a recuperación, segundo asegura Cinco Días. Banca, sector público e construción concentrarían a perda de emprego.
Ás portas do Entroido Disquecool fai unha recompilación de "disfraces para culturetas"
O 90% das oficinas de Novagalicia Banco están pechadas nesta xornada de folga, segundo aseguran os sindicatos. Imaxe de @galizacig.
José Luis Baltar declarará este mércores ante o xuiz Leonardo Álvarez por un posible delito continuado de prevaricación
Novagalicia Banco, única entidade que hoxe está en folga. Os seus traballadores están chamados a un paro histórico de 24 horas para protestar contra os duros plans de reestruturación que implicarían máis de 2.000 despidos.
Faleceu onte en Salvaterra do Miño Manolo Soto, o Rata. Foi un dos fundadores, en 1976, da SCD do Condado, e unha figura chave na organización do Festival da Poesia. Este sábado ao mediodia haberá unha homenaxe nas Murallas de Salvaterra.
O Parlamento británico aproba o matrimonio homosexual, pero Cameron sofre o voto contrario da metade dos seus deputados. Agora a lei debe ser aprobada en maio pola Cámara dos Lores.
Mellora a imaxe que os franceses teñen da Fronte Nacional. Mantense estable o nivel de adhesión ás súas ideas, ao redor do trinta por cento, pero aumenta en oito puntos a porcentaxe de persoas que non os considera un perigo para a democracia, unha cifra que chega xa ao 47%
Stop-Desafiuzamentos denuncia un “abuso bancario” a unha familia de Ferrol. Denuncian que La Caixa lles comunicou aos afectados a venda dos dereitos do seu crédito a unha entidade de Luxemburgo