O 90% das oficinas de Novagalicia Banco están pechadas nesta xornada de folga, segundo aseguran os sindicatos. Imaxe de @galizacig.
O 90% das oficinas de Novagalicia Banco están pechadas nesta xornada de folga, segundo aseguran os sindicatos. Imaxe de @galizacig.
José Luis Baltar declarará este mércores ante o xuiz Leonardo Álvarez por un posible delito continuado de prevaricación
Novagalicia Banco, única entidade que hoxe está en folga. Os seus traballadores están chamados a un paro histórico de 24 horas para protestar contra os duros plans de reestruturación que implicarían máis de 2.000 despidos.
Faleceu onte en Salvaterra do Miño Manolo Soto, o Rata. Foi un dos fundadores, en 1976, da SCD do Condado, e unha figura chave na organización do Festival da Poesia. Este sábado ao mediodia haberá unha homenaxe nas Murallas de Salvaterra.
O Parlamento británico aproba o matrimonio homosexual, pero Cameron sofre o voto contrario da metade dos seus deputados. Agora a lei debe ser aprobada en maio pola Cámara dos Lores.
Mellora a imaxe que os franceses teñen da Fronte Nacional. Mantense estable o nivel de adhesión ás súas ideas, ao redor do trinta por cento, pero aumenta en oito puntos a porcentaxe de persoas que non os considera un perigo para a democracia, unha cifra que chega xa ao 47%
Stop-Desafiuzamentos denuncia un “abuso bancario” a unha familia de Ferrol. Denuncian que La Caixa lles comunicou aos afectados a venda dos dereitos do seu crédito a unha entidade de Luxemburgo
A portavoz da Plataforma de Afectados pola Hipoteca, Ada Colau, interveu este martes no Congreso para defender a iniciativa lexislativa popular (ILP) que reclama que a Cámara baixa debata a dación en pago retroactiva, a moratoria dos desafiuzamentos e o aluguer social. O PSOE mudará a súa postura e votará a favor pero a iniciativa choca contra a maioria absoluta do PP.
Luís Bárcenas declara este mércores ante o Fiscal Anticorrupción sobre as contas do PP. Tamén declaran o ex deputado popular Jorge Trías e Álvaro Lapuerta, histórico responsable das finanzas do PP.
Este mércores comeza a sección de tecnoloxía de eldiario.es: Diario Turing