A portavoz da Plataforma de Afectados pola Hipoteca, Ada Colau, interveu este martes no Congreso para defender a iniciativa lexislativa popular (ILP) que reclama que a Cámara baixa debata a dación en pago retroactiva, a moratoria dos desafiuzamentos e o aluguer social. O PSOE mudará a súa postura e votará a favor pero a iniciativa choca contra a maioria absoluta do PP.