Ao redor de 200 traballadores do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña mobilizanse contra os recortes
Ao redor de 200 traballadores do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña mobilizanse contra os recortes
Unha delegación do Concello de Pontevedra encabezada polo seu alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, está en Bruxelas para recoller o premio Intermodes, que distinguiu a iniciativa Metrominuto do goberno local para potenciar a mobilidade a pé. Na imaxe, Lores con Matthias Ruete, director xeral de Mobilidade da UE.
O PP non admitirá a trámite a iniciativa lexislativa popular contra os desafiuzamentos que vén de entrar no Congreso dos Deputados. Cóntao El Diario
O xuíz Pablo Ruz investiga se vinte e tres imputados no caso Gürtel se acolleron á amnistía fiscal do Goberno central. Cóntao El País.
O xuíz cita a Bárcenas para o día 25 tras atopar unha nova conta en Suíza. O ex tesoureiro do PP declarará xa mañá sobre a suposta contabilidade irregular do partido.
O diario El País entregoulle esta mañá á Fiscalía os "papeis de Bárcenas" que publicou. A Policía Xudicial acudiu á redacción do xornal á procura desta información.
A Xunta de Portavoces do Parlamento finalizou sen acordos concretos sobre a orde nas tribunas de convidados, pero si con propostas verbais da presidenta. Toda a información, esta tarde en Praza.
A Plataforma Galega en Defensa dos Servizos Públicos acorda mobilizacións para o 21 de febreiro en todas as cidades.
O conselleiro de Economía non recibe os traballadores do naval e emprázaos para este mércores. Os operarios consideran "unha tomadura de pelo" a actitude da Xunta, tras pecharlle as portas da súa sede.