Profesionais do Centro de Saúde do Ventorrillo, na Coruña, denuncian a política de "bloqueos de consulta" e "intersubstitucións" da Xerencia, consistente en cubrir as baixas de médicos anulando citas dos usuarios e usuarias ou repartíndoas entre os demais facultativos do centro. Denuncian que se crea "lista de espera en Atención Primaria"
Fálase
Alumnos e alumnas do CPI Tomás de Lemos, de Ribadavia, negáronse este martes a tomar a comida de catering que se serve no seu comedor. Denuncian a mala calidade do servizo e demándanlle á Consellaría que volva abrir a cociña do centro
Público entrevista Xabier Fortes, vicepresidente do Consello de Informativos de TVE, que amosa a súa preocupación pola perda de credibilidade dos informativos e crítica o nomeamento de José Antonio Sánchez como presidente do ente: “Antes converxiamos coa BBC, agora con Telemadrid e Urdaci”
Os liberais forman goberno co centro dereita en Bélxica 130 días despois das eleccións. Recólleo El País
El Diario recompila seis preguntas sobre o ébola e seis respostas "non alarmistas".
A Comunidade de Madrid ordena sacrificar o can da enfermeira infectada de ébola. De inmediato un movemento de protesta esténdese pola rede, convertendo #SalvemosaExcalibur en trending topic mundial e reunindo decenas de milleiros de sinaturas pedindo que sexa posto en corentena. O maior experto mundial no Ébola pide que non se mate o animal. Activistas concéntranse ante a vivenda para evitar a entrada da policía.
Unha acción feminista protesta en Vigo contra unha farmacia que non vende anticonceptivos.
#Debate2014 Reanúdase o debate de política xeral coa intervención de Carmen Iglesias, deputada do Grupo Mixto
#Debate2014 Remata o discurso de Feijóo tras case dúas horas. O presidente proclama que "Galicia avanza estable". Toda a información e as reaccións, este mediodía en Praza.
BAMAD, Asociación de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas de Galicia, denuncia que a Xunta exclúe da convocatoria de axudas para a adquisición de fondos para as bibliotecas públicas aos concellos nos que vive "o 42% da poboación de Galicia". As bibliotecas de concellos de máis de 30.000 habitantes non recibirán axudas.