BAMAD, Asociación de Arquiveiros, Bibliotecarios, Museólogos e Documentalistas de Galicia, denuncia que a Xunta exclúe da convocatoria de axudas para a adquisición de fondos para as bibliotecas públicas aos concellos nos que vive "o 42% da poboación de Galicia". As bibliotecas de concellos de máis de 30.000 habitantes non recibirán axudas.
Fálase
Esta tarde, no marco do Festival Internacional Curtocircuíto, preséntase no CGAC o Observatorio Audiovisual de Galicia, unha iniciativa que quere traballar na "reconfiguración total da política audiovisual galega"
#Debate2014 A Xunta desenvolverá un plan de emprego para maiores de 45 anos con incentivos á conratación e ao autoemprego e Feijóo anuncia tamén un plan de apoio á demografía.
#Debate2014 Feijóo carga contra o soberanismo catalán, que considera "unha aldraxe" para o autogoberno galego, e propón reducir a unha semana as campañas electorais e reducir os espazos de propaganda.
#Debate2014 Feijóo comeza o Debate da Autonomía presumindo de datos económicos e da "mellora" de Galicia e pide "exemplaridade" a todos os políticos e "respecto" no Parlamento.
España participará na gran redada lanzada pola Unión Europea para interrogar inmigrantes. O Goberno rexeita informar sobre se se levarán a cabo controis de identificación por perfil racial para "non darlles pistas ás mafias"
O Ministerio de Defensa gastará ao redor dun 50% máis do orzamentado. Esta desviación vense producindo en proporcións semellantes nos últimos anos e ten que ver, sobre todo, coa compra de armamento, que é incluído noutras partidas, a través de decretos que se aproban no verán.
O tenente de alcalde da Coruña, Julio Flores, asegura que axentes da policía local "protexen" o goberno de Negreira dunha edil do PSdeG. Recólleo La Opinión
Profesionais da enfermaría expertos en bioseguridade alertaron o pasado domingo de fallos no protocolo do ébola en España, segundo recolle El Mundo
Absolven o alcalde de Trazo da acusación de falsidade documental aínda que no xuízo asegurou, entre outras cuestións, que asina a documentación da Alcaldía sen coñecer o seu contido. Recólleo La Voz