Absolven o alcalde de Trazo da acusación de falsidade documental aínda que no xuízo asegurou, entre outras cuestións, que asina a documentación da Alcaldía sen coñecer o seu contido. Recólleo La Voz
Fálase
Ás 10:00 comeza no Parlamento o debate de política xeral co discurso do presidente da Xunta, que anunciará un plan de emprego para maiores de 45 anos, segundo avanzou o Goberno a varios medios. Toda a información do debate, hoxe en Praza.
O caso de ébola en Madrid ten espazo en diversas primeiras páxinas dos diarios internacionais e é destacado en medios audiovisuais de referencia como a BBC
A enfermeira infectada de ébola, de orixe galega, alertou dos primeiros síntomas síntomas pero a Comunidad de Madrid permitiulle marchar de vacacións. Está a contalo El Diario
A viguesa Beatriz Figueroa entregará este martes no Congreso medio millón de sinaturas recollidas a través da rede para pedir unha reforma legal que lles outorgue aos enfermos e enfermas de cancro “unha protección especial que lles confira seguridade económica"
Confirman que padece ébola unha das enfermeiras que atendeu en Madrid o misioneiro García Viejo, falecido a finais de setembro. Está a contalo El Diario
O TSXG admite a trámite unha querela da Fiscalía contra Pachi Vázquez por "presunta contratación irregular de persoal" na súa etapa como alcalde do Carballiño. O alto tribunal tamén vai investigar a deputada do PP Marisol Piñeiro por se, como tenente de alcalde de Carnota, puido "cometer un delito na contratación dunha empregada".
Esculca chama a atención sobre a situación e a reivindicación dun preso do cárcere da Lama, en folga de fame indefinida para denunciar "as torturas e malos tratos na cadea"
O álbum de OQO editora Galiño Pelado, seleccionado nos White Ravens 2014 entre os mellores libros infantís do mundo