Esculca chama a atención sobre a situación e a reivindicación dun preso do cárcere da Lama, en folga de fame indefinida para denunciar "as torturas e malos tratos na cadea"
Fálase
O álbum de OQO editora Galiño Pelado, seleccionado nos White Ravens 2014 entre os mellores libros infantís do mundo
A Plataforma en Defensa do Ensino Público convoca un abrazo solidario "como símbolo do apoio que a comunidade educativa temos que dar aos receptores dos ataques do goberno contra o ensino". Será este martes, ás seis da tarde, no CEIP Rosalía de Castro da Coruña
Abanca e Banco Etcheverría aproban a súa fusión. A nova entidade, Abanca Grupo Banesco, nace cun capital de case 2.500 millóns de euros.
John O’Keefe, May-Britt e Edvard Moser gañan o Premio Nobel de Medicina polo seu traballo sobre a maneira en que se orienta o cerebro, unha caste de "GPS interno"
O Café Moderno de Pontevedra acolle durante toda esta semana, até o domingo, o outlet do libro galego, organizado pola Asociación Galega de Editores. Ofrece 10 mil exemplares a prezos reducidos
Microsiervos explica que, a pesar do publicado nos últimos días, "Plutón segue sendo un planeta anano"
O distrito barcelonés de Nou Barris, cunha ampla comunidade galega, volve celebrar as festas do San Froilán cadrando coas de Lugo. Recólleo El Progreso
Abanca culminará este luns a súa absorción do Banco Etcheverría. Será nunha xunta xeral extraordinaria que se celebrará este mediodía no Palexco da Coruña.
Dilma Roussef disputará a segunda volta das eleccións brasileiras fronte ao socialdemócrata Aécio Neves. A actual presidenta logrou o 41,5% dos votos. Cóntao Carta Capital