O Ministerio de Defensa gastará ao redor dun 50% máis do orzamentado. Esta desviación vense producindo en proporcións semellantes nos últimos anos e ten que ver, sobre todo, coa compra de armamento, que é incluído noutras partidas, a través de decretos que se aproban no verán.
Fálase
O tenente de alcalde da Coruña, Julio Flores, asegura que axentes da policía local "protexen" o goberno de Negreira dunha edil do PSdeG. Recólleo La Opinión
Profesionais da enfermaría expertos en bioseguridade alertaron o pasado domingo de fallos no protocolo do ébola en España, segundo recolle El Mundo
Absolven o alcalde de Trazo da acusación de falsidade documental aínda que no xuízo asegurou, entre outras cuestións, que asina a documentación da Alcaldía sen coñecer o seu contido. Recólleo La Voz
Ás 10:00 comeza no Parlamento o debate de política xeral co discurso do presidente da Xunta, que anunciará un plan de emprego para maiores de 45 anos, segundo avanzou o Goberno a varios medios. Toda a información do debate, hoxe en Praza.
O caso de ébola en Madrid ten espazo en diversas primeiras páxinas dos diarios internacionais e é destacado en medios audiovisuais de referencia como a BBC
A enfermeira infectada de ébola, de orixe galega, alertou dos primeiros síntomas síntomas pero a Comunidad de Madrid permitiulle marchar de vacacións. Está a contalo El Diario
A viguesa Beatriz Figueroa entregará este martes no Congreso medio millón de sinaturas recollidas a través da rede para pedir unha reforma legal que lles outorgue aos enfermos e enfermas de cancro “unha protección especial que lles confira seguridade económica"
Confirman que padece ébola unha das enfermeiras que atendeu en Madrid o misioneiro García Viejo, falecido a finais de setembro. Está a contalo El Diario