As webs da Mocidade Nacionalista Galega, da Liga Estudantil Galega e do Movemento Estudantil Universitario están fóra do aire, polo que non se pode acceder a ningunha delas. Un responsable da web da Liga Estudantil Galega afirma en Facebook que o seu sitio está con problemas desde o venres e desmente ter sido obxecto dun ciberataque. Desde a Mocidade Nacionalista Galega, un dos xestores da web tampouco pode confirmar a orixe do fallo na súa web. Observación importante: ningunha das webs do Encontro Irmandiño está fóra do aire. (Redacción actualizada.)
Fálase
Miguel Santalices, voceiro de Sanidade do PP e destacado 'baltarista', será o substituto de Manuel Baltar na vicepresidencia do Parlamento
Ana Pontón chama a centrar esforzos en "facer oposición" ao PP. Ana Luisa Bouza sinala que Aymerich "abrazou a Beiras" como "a calquera outro amigo". Nuns minutos, máis información en Praza Pública.
O XaTcobeo, o picosatélite realizado pola Universidad de Vigo, está en órbita dende hai unha hora. Foi lanzado pola Axencia Espacial Europea dende a Güiana francesa e culmina un proxecto no que traballaron 60 alumnos e 32 investigadores dende 2007. Vigo é a primeira universidade de Europa en poñer en órbita un CubeSat 1U construído cos estándares da ESA. Máis información, no Duvi.
O Tribunal Supremo arquiva a causa contra Garzón polos cursos en Nova York
“Non nos axudan porque non temos petróleo para pagar o favor”. Reportaxe sobre a situación da cidade rebelde de Homs, atacada polo goberno sirio.
Os portugueses que veñen de rematar a súa carreira universitaria xa lle deben 1,4 millóns de euros aos bancos polos empréstitos cos que pagaron os estudos. Hoxe lévao na súa primeira páxina o Diário de Notícias
Ao PSOE andaluz complícaselle aínda máis o horizonte de cara ás eleccións de marzo. Xunto ás malas perspectivas electorais, Griñán debe afrontar a campaña cun partido fendido, especialmente tras a dimisión do secretario do partido en Sevilla. En Público.
Hoxe comezan as negociacións entre os gobernos escocés e británico para organizar o referendo de independencia de Escocia, que xa ten na rede un sitio web de seu
Os delegados sindicais de Csica, CCOO e UGT en Novagalicia Banco están chamados a mobilizarse este mediodía diante das principais oficinas de Vigo, Madrid e Barcelona contra o ERE formulado pola empresa, que afecta a 750 persoas.