Os delegados sindicais de Csica, CCOO e UGT en Novagalicia Banco están chamados a mobilizarse este mediodía diante das principais oficinas de Vigo, Madrid e Barcelona contra o ERE formulado pola empresa, que afecta a 750 persoas.
Fálase
A CGTP reuniu 300 mil persoas en Lisboa para protestar contra as novas medidas que pretende implantar o Goberno baixo presión da Troika. Convocou novas mobililacións para o 29 de febreiro.
Un grupo de manifestantes ocuparon esta noite unha televisión en Creta mentres emitía en directo
Cando o PP prometía unha reforma laboral sen abaratar o despedimento.
Vídeo do momento histórico no cal Xosé Manuel Beiras le a resolución que propón o abandono do BNG por parte do Encontro Irmandiño, que finalmente foi aprobada por aclamación das máis de 500 persoas presentes
Aprobado o plan de rescate grego. A capital está ardendo. A casa consistorial está afectada polas lapas, así como cinemas, teatros, bancos ou tendas. A foto é do diario Ekathimerini
Está ardendo a casa consistorial de Atenas. Ducias de establecementos (tendas, bancos ou resturantes), entre as lapas mentres os deputados seguen votando o plan de axuste. Link para ver imaxes en directo. Imaxe de @anonops
Tremen as rúas de Atenas e Tesalónica ante o plan de axuste que vota, agora mesmo, o Parlamento de Grecia. Información de Reuters. A foto, de @georgechatzik
Mañá en Praza Pública buscaremos a reacción de destacados dirixentes do BNG e da UPG respecto da decisión do Encontro Irmandiño de abandonar a formación
O Encontro Irmandiño "comezará as accións oportunas para crear un referente político co centro de gravidade na esquerda". Nas redes sociais falan de "ovacións" a Teresa Táboas e Xosé Mosquera (PNG)