A Illa de San Simón acollerá os días 25 e 26 de abril #NeThinking2014, no que expertos debatirán sobre Internet e as redes sociais. Participarán, entre outros, Joaquín Müller, Mario Tascón, Marilín Gonzalo, Eduardo Arcos, Miguel Ángel López Hematocrítico ou Risto Mejide.
Fálase
El Mundo entrevista Pilar Urbano, autora de La gran desmemoria. Lo que Suárez olvidó y el Rey prefiere no recordar, que destaca que "Para Suárez estaba claro que a alma do 23-F era o Rei". Urbano relata as presións do monarca sobre o presidente do Goberno en xaneiro de 1981 para que dimitise e aceptase un goberno forte proposto por Armada. A solución de Calvo-Sotelo (máis conservador e pro-OTAN) contentou a Juan Carlos e descolgouse da operación Armada.
Ferrolterra volverá manifestarse este domingo, a partir das 12, en defensa do seu sector naval e na demanda de carga de traballo para os estaleiros. Mesmo o presidente da SEPI, Ramón Aguirre, recoñeceu esta semana no Congreso que a dramática situación da comarca “salta á vista”
Javier Espinosa e Ricard García Vilanova, correspondente e fotógrafo freelance de El Mundo, foron liberados onte pola noite en Siria, onde foran secuestrados o pasado 16 de setembro. Ás 21.20 horas o propio Espinosa chamou ao xornal: "Son Espinosa. Apunta este teléfono e chámame"
Só o 27% dos galegos e galegas teñen decidido o seu voto nas eleccións europeas de maio, segundo unha enquisa que publica La Voz. Entre os que xa saben quen apoiarán o máis votado é o PP (11,3%), seguido de Anova-EU (4,7%), o PSOE (4,3%) e o BNG (1%)
Durante o Real Madrid-Barça do pasado domingo as televisións lanzaron un ataque contra mil páxinas a través dunha empresa para impedir a emisión do partido a través de fiestras gratuítas. Pola web Rojadirecta, que dá acceso a estas páxinas (creada, por certo, polo galego Igor Seoane), pasa o 9% do tráfico español de Internet.
Un gol de Nolito, de penalti, no minuto 87, dálle a vitoria ao Celta 1-0 ante o Sevilla. Á espera do resto de partidos da xornada, os celestes teñen 8 puntos de marxe sobre o descenso
O BNG levou a cabo varios actos reivindicativos este sábado na peaxes de autoestradas en Pontevedra, A Coruña e Ferrol. Os participantes na protesta pagaron as tarifas en céntimos de euros como chamada de atención sobre os elevados prezos da AP9.
Rubalcaba búrlase de Montoro por atacar a "ultraesquerdista" Cáritas. Montoro restoulle importancia a un informe de Cáritas que sinalaba que España é o segundo país da UE con máis pobreza infantil. Tamén Feijoo, este pasado mércores, rexeitou os datos ofrecidos por Cáritas.
Fiare-Banca Popolare Etica celebra este sábado en Barcelona a súa Asemblea, que culminará o proceso de integración das entidades para permitir o comezo das operacións de banca ética en España. FiareGZ enviou unha ampla representación para participar nos debates e votacións.