Vén de publicarse o University Ranking by Academic Performance correspondente a 2013, e que mide a cantidade e o impacto da produción científica. A Universidade de Santiago sitúase no oitavo posto a nivel español e 351º en todo o mundo. A de Vigo está no 16º lugar do Estado e a da Coruña no 43º posto.
Fálase
O Colectivo Celtista Nós presenta un manifesto contra os horarios da Liga BBVA e contra a obriga de desputar partidos entre semana. Lembra que 6 dos 15 partidos que o Celta xogou en Balaídos esta tempada foron en luns, martes ou venres
A plataforma polo parque de Galeras, que tenta frear a construción dun acceso a un parking privado sobre este espazo público, agradece as achegas para financiar a súa demanda administrativa contra o Concello e lembra que os fondos aínda non son dabondo para sostela.
Galicia perde calidade nas súas programacións culturais, segundo un informe do Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, que a relega ao sétimo posto entre todas as comunidades autónomas. Por cidades, melloran lixeiramente Compostela e A Coruña, mentres que Vigo cae fóra das vinte primeiras.
A Asemblea da Saúde Mental de Galicia denuncia o grave deterioro da asistencia pública nesta área e sinala que “non hai plan nin proxecto nin traxectoria de futuro”, debido á suspensión do Plan Autonómico de Saúde Mental. 280 profesionais promoven o Movemento Galego de Saúde Mental para denunciar que os recursos "non se usan de forma axeitada"
Popular e Novagalicia executan a débeda de San José e quedan cos seus activos inmobiliarios mediante unha fórmula de dación en pagamento. As dúas entidades bancarias canxearán 1.600 millóns de débeda da empresa por accións da filial inmobiliaria.
A CIG pide que se estendan as cláusulas sociais da Deputación de Lugo a outras administracións. O secretario xeral do sindicato, Suso Seixo, cualificou a iniciativa de moi "positiva".
Turquía bloqueou esta noite o acceso a Twitter, cumprindo coas ameazas realizadas polo primeiro ministro Erdogan de "erradicar" esta e outras redes sociais
A Xunta dá por controlado o incendio da Pontenova, que queimou unhas 35 hectáreas.
Os xornalistas de TVE amosan a súa “enorme preocupación” pola creación dunha redacción de informativos paralela, formada por profesionais externos ao ente, para tratar certos "temas sensibles". A estratexia xa foi utilizada anteriormente en Telemadrid e Canal9