Turquía bloqueou esta noite o acceso a Twitter, cumprindo coas ameazas realizadas polo primeiro ministro Erdogan de "erradicar" esta e outras redes sociais
Fálase
A Xunta dá por controlado o incendio da Pontenova, que queimou unhas 35 hectáreas.
Os xornalistas de TVE amosan a súa “enorme preocupación” pola creación dunha redacción de informativos paralela, formada por profesionais externos ao ente, para tratar certos "temas sensibles". A estratexia xa foi utilizada anteriormente en Telemadrid e Canal9
Ignacio González compara as Marchas da Dignidade cos neonazis gregos. O presidente da Comunidad de Madrid carga contra a manifestacion que este sábado se celebrará en Madrid.
A campaña Cartón vermello contra o racismo israelí vén de iniciar unha recollida de sinaturas para suspender a afiliación de Israel á FIFA, despois de que dous futbolistas palestinos, de 17 e 19 anos, fosen disparados nos pés nun checkpoint, o que lles impedirá volver xogar ao fútbol.
AGE denuncia que Navantia lle impediu a Yolanda Díaz reunirse co seu comité de empresa. O obxectivo da xuntanza era tratar os graves problemas que atravesa a compañía e a falta de resposta dos gobernos español e galego.
Un de cada catro españois que vive no estranxeiro é galego. Case medio millón dos máis de dous que residen fóra do Estado é de Galicia, segundo os últimos datos do INE, que indican que o país rematou 2013 con 15.800 emigrantes máis que un ano antes.
Vítimas de Angrois piden ao PSOE que non inclúa a José Blanco na lista ao Parlamento Europeo. "En nome das 80 persoas que xa non poderán votar máis, entre outras cousas, pola mala xestión do ministro", din.
Unha nova concentración pedirá o indulto para Carlos e Serafín, os dous sindicalistas condenados a tres anos de cadea por participar nun piquete. Será ás 20 horas diante do Marco de Vigo e logo de que a Xustiza paralizase a súa entrada en prisión á espera de que se resolva a petición de indulto.
O Consello da Xunta crea a Axencia Galega de Servizos Sociais, dependente da Consellería de Benestar e que, entre outros aspectos, vai traer consigo a extinción do Consorcio de Igualdade e Benestar.