Unha nova concentración pedirá o indulto para Carlos e Serafín, os dous sindicalistas condenados a tres anos de cadea por participar nun piquete. Será ás 20 horas diante do Marco de Vigo e logo de que a Xustiza paralizase a súa entrada en prisión á espera de que se resolva a petición de indulto.
