O delegado do Goberno central teima en bloquear a comparecencia de cargos estatais na comisión de seguridade viaria do Parlamento. Samuel Juárez insiste na Radio Galega en que estes cargos non poden ser "controlados" polo lexislativo galego, obviando que se trata dunha comisión de estudo.
Fálase
O concelleiro de Urbanismo de Ferrol, Guillermo Evia, asegura que o informe definitivo do Plan Especial de Ferrol Vello estará listo “en dúas semanas”. A Comisión Cidadá pola Recuperación de Ferrol Vello destaca que foi "a presión cidadá" a que forzou a redacción deste documento.
A Asamblea Nacional Catalana pide a Mas que convoque eleccións "o antes posible" de non poder facerse a consulta. A entidade privada reclama a independencia para 2015 como moi tarde.
A policía prepara un dispositivo record de 1.700 antidisturbios para o 22-M. Teme que haxa grupos que intenten rebentar a manifestación das Marchas da Dignidade.
A planta de Citroën de Vigo xa é a sexta de Europa que máis coches produce. A factoría galega aumentou un 36% a súa produción no pasado 2013.
Renfe deixa aos maquinistas a decisión de contestar ao móbil. Permítelles reducir a velocidade ou frear para responder unha chamada "se o estiman conveniente". A compañía cumpre así o compromiso de Fomento de regular as comunicacións nos trens tras o accidente de Angrois.
O Deputado do PP por Lugo Jaime de Olano declárase "orgulloso" da actuación da Garda Civil en Ceuta o 6 de febreiro, cando morreron 15 persoas que tentaban chegar a territorio español.
Desalambre, o espazo de El Diario dedicado aos dereitos humanos, está a retransmitir as explicacións do Ministerio de Interior sobre a morte de 15 persoas que tentaban chegar a Ceuta a nadar.
Os preferentistas de Vigo plantan un horto fronte á sede de NCG. "Se temos que estar todo o día aquí protestando, traemos a horta para plantar as nosas cebolas", din.
Cinco mulleres foron asasinadas nos últimos dous días no Estado. As organizacións feministas reiteran a necesidade de atallar a violencia machista ante este repunte das agresións. A Mesa contra a Violencia de Xénero reunirase no Congreso dos Deputados para estudar a situación.