Os preferentistas de Vigo plantan un horto fronte á sede de NCG. "Se temos que estar todo o día aquí protestando, traemos a horta para plantar as nosas cebolas", din.
Fálase
Cinco mulleres foron asasinadas nos últimos dous días no Estado. As organizacións feministas reiteran a necesidade de atallar a violencia machista ante este repunte das agresións. A Mesa contra a Violencia de Xénero reunirase no Congreso dos Deputados para estudar a situación.
La Voz de Galicia analiza, a través de distintos investigadores, a importancia do pozo de neve do século XVII achado en Monforte e que servía para conservar os alimentos, unha estrutura única en Galicia polo seu tamaño e o seu teito abovedado.
Juárez teima no boicot á comisión de seguridade viaria do Parlamento e, obviando o Regulamento da Cámara, teima en que o Estado non pode ser "controlado" polo lexislativo galego, aínda sabendo que se trata dunha comisión de estudo.
Veciños de Cuntis e Concello rexeitan as obras de saneamento que a empresa Termas de Cuntis quere levar a cabo na terma Lume de Deus, por considerala unha obra "moi agresiva" que destruirá os restos romanos (a arqueta ten 1.700 anos de antigüidade) e porque ademais restrinxirá o acceso público á auga termal.
Os rumores sitúan a Ana Pastor como cabeza de lista do PP ás eleccións europeas. A formación conservadora aínda non decidiu quen será o seu candidato para os comicios do vindeiro 25 de maio.
Inditex gañou 2.377 millóns en 2013 e aumenta o seu beneficio neto un 1%. A multinacional galega aumento as vendas nun 5% durante o pasado exercicio.
A Xunta busca devolver aos concellos as competencias en política social que lles quitou a reforma local. Prepara o anteproxecto que blinda as competencias municipais galegas e evita que se recentralicen as competencias en 2015.
A Xunta dá por extinguido o incendio de Carballeda de Valdeorras e estima que arrasou unhas 80 hectáreas.
O BNG pide amparo ante a Mesa do Parlamento pola actuación dos antidisturbios contra alcaldes e deputados e promove a reprobación do delegado do Goberno central, Samuel Juárez, polas cargas contra os mariñeiros do cerco.