Veciños de Cuntis e Concello rexeitan as obras de saneamento que a empresa Termas de Cuntis quere levar a cabo na terma Lume de Deus, por considerala unha obra "moi agresiva" que destruirá os restos romanos (a arqueta ten 1.700 anos de antigüidade) e porque ademais restrinxirá o acceso público á auga termal.
Fálase
Os rumores sitúan a Ana Pastor como cabeza de lista do PP ás eleccións europeas. A formación conservadora aínda non decidiu quen será o seu candidato para os comicios do vindeiro 25 de maio.
Inditex gañou 2.377 millóns en 2013 e aumenta o seu beneficio neto un 1%. A multinacional galega aumento as vendas nun 5% durante o pasado exercicio.
A Xunta busca devolver aos concellos as competencias en política social que lles quitou a reforma local. Prepara o anteproxecto que blinda as competencias municipais galegas e evita que se recentralicen as competencias en 2015.
A Xunta dá por extinguido o incendio de Carballeda de Valdeorras e estima que arrasou unhas 80 hectáreas.
O BNG pide amparo ante a Mesa do Parlamento pola actuación dos antidisturbios contra alcaldes e deputados e promove a reprobación do delegado do Goberno central, Samuel Juárez, polas cargas contra os mariñeiros do cerco.
A Academia Galega do Audiovisual outorgaralle o seu premio de honra Fernando Rey a Manolo González, destacando a súa "paixón e compromiso pola profesión" demostrada en proxectos coma a Escola de Imaxe e Son da Coruña ou o seu traballo na Axencia Galega do Audiovisual. González recollerá o galardón o vindeiro 12 de abril na Coruña, na gala dos Premios Mestre Mateo.
O naval de Ferrolterra volverase mobilizar este 30 de marzo en defensa da comarca. O sector segue a reclamar carga de traballo e critica a "total desaparición" do PP na loita polo emprego nos estaleiros. Imaxe: Raúl Salgado.
A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA) vén de lembrarlle a Juan Carlos Escotet, presidente de Banesco e propietario de Novagalicia Banco, a súa promesa, formulada hai tres meses, de resolver antes deste venres 21 de marzo o conflito das preferentes e subordinadas a través da devolución dos seus cartos aos aforradores. ACOUGA sinala que "semella que a promesa de Escotet non se vai cumprir", algo que faría "imposíbel que os aforradores galegos poidan acreditar o máis mínimo na súa xestión futura"
As Marchas da Dignidade preséntanse en Galicia. Os colectivos que apoian a mobilización do 22-M en Madrid animan á participación dos galegos na convocatoria.