A Asociación Galega de Consumidores e Usuarios (ACOUGA) vén de lembrarlle a Juan Carlos Escotet, presidente de Banesco e propietario de Novagalicia Banco, a súa promesa, formulada hai tres meses, de resolver antes deste venres 21 de marzo o conflito das preferentes e subordinadas a través da devolución dos seus cartos aos aforradores. ACOUGA sinala que "semella que a promesa de Escotet non se vai cumprir", algo que faría "imposíbel que os aforradores galegos poidan acreditar o máis mínimo na súa xestión futura"
Fálase
As Marchas da Dignidade preséntanse en Galicia. Os colectivos que apoian a mobilización do 22-M en Madrid animan á participación dos galegos na convocatoria.
Representantes municipais de PSdeG, BNG, Anova e CxG maniféstanse a esta hora ante a Xunta para rexeitar a suba do canon de Sogama. (Foto: Irmandade TV).
Xa está no Parlamento a ILP contra os desafiuzamentos. En Praza debullamos os seus contidos e falamos coas persoas que a impulsan. (Foto: AGE)
Os galegos seguen a ser dos traballadores que menos cobran no Estado. O custo salarial en Galicia é de 1.778,19 euros de media fronte aos 1.995,68 euros no conxunto de España.
O DOG publica este martes a adscrición do Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia a unha universidade privada católica de Aragón, aprobada polo Consello da Xunta malia á oposición dos reitores galegos.
A edición catalá de El Diario entrevista a activista palestina Rafeef Ziadah, unha das promotoras da campaña BDS, de boicot ás empresas que se benefician da ocupación de Palestina: "Israel véndese no exterior con programas como Marca Israel pero nós estámola convertendo nunha marca tóxica porque poñemos de relevo as súas violacións de dereitos humanos"
O TSXG invalida a Xunta para designar os directores das oficinas de emprego. Estima así o recurso interposto por CCOO.
A Audiencia Nacional busca fórmulas para rescatar a xustiza universal. O xuíz Eloy Velasco únese a Pedraz no intento de seguir con casos como o de José Couso.
Os grandes investidores galegos disparan a rendibilidade do seu negocio a niveis de antes da crise. As sicav de Somoza, Jove ou Sandra Ortega revalorízanse entre un 6% e un 18% no pasado ano.