A Audiencia Nacional busca fórmulas para rescatar a xustiza universal. O xuíz Eloy Velasco únese a Pedraz no intento de seguir con casos como o de José Couso.
Fálase
Os grandes investidores galegos disparan a rendibilidade do seu negocio a niveis de antes da crise. As sicav de Somoza, Jove ou Sandra Ortega revalorízanse entre un 6% e un 18% no pasado ano.
Máis de 130 alcaldes galegos denuncian cobros abusivos das eléctricas. A Fegamp asesorará os municipios para reclamar pola vía penal.
Hai un ano, David Reboredo saía da cadea ao acadar o terceiro grao
Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo e único candidato nas eleccións que se celebrarán o 1 de abril, presentou o seu programa e equipo, cunha renovación do 70% do actual goberno.
A candidata do BNG ás eleccións europeas, Ana Miranda, súmase a campaña que a Rede Europea contra a Pobreza está a impulsar para os comicios.
Tejero celebrou o 33 aniversario do golpe de Estado nun cuartel da Garda Civil. O seu fillo, anfitrión da homenaxe, foi destituío polo Ministerio do Interior.
Compromiso por Galicia organiza esta tarde en Compostela un encontro sobre infraestruturas e mobilidade no que abordarán temáticas como o AVE a Madrid, a necesidade de tres aeroportos ou as infraestruturas terrestres. No acto intervirán como relatores o profesor de Xeografía da USC Miguel Pazos e o enxeñeiro de obras públicas X. Carlos Fernández. Será ás 20:00 no hotel Virxe da Cerca.
O CSO Palavea, na Coruña, está ameazado por unha orde de desaloxo. Nestes momentos, unha concentración ás súas portas defende "este espazo liberado, recuperado e posto ao servizo da cidadanía", despois de catro días de actividades culturais.
As coordinadoras nacionais da Marcha Mundial das Mulleres en Galicia, Euskadi e Catalunya lanzan un manifesto conxunto para rexeitar a contrarreforma da lei do aborto baixo o lema O noso corpo, o noso territorio e fan un "chamamento á mobilización" a carón dos "grupos que emprendan accións para oporse a esta lei".