O CSO Palavea, na Coruña, está ameazado por unha orde de desaloxo. Nestes momentos, unha concentración ás súas portas defende "este espazo liberado, recuperado e posto ao servizo da cidadanía", despois de catro días de actividades culturais.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5326ce7f1cbb5-10015659_10152387002393777_2072875335_n.jpg)
O CSO Palavea, na Coruña, está ameazado por unha orde de desaloxo. Nestes momentos, unha concentración ás súas portas defende "este espazo liberado, recuperado e posto ao servizo da cidadanía", despois de catro días de actividades culturais.
As coordinadoras nacionais da Marcha Mundial das Mulleres en Galicia, Euskadi e Catalunya lanzan un manifesto conxunto para rexeitar a contrarreforma da lei do aborto baixo o lema O noso corpo, o noso territorio e fan un "chamamento á mobilización" a carón dos "grupos que emprendan accións para oporse a esta lei".
GCiencia dá conta das investigacións que defenden a chegada de mariñeiros galegos a Australia e Nova Zelandia no século XVI, que se probaría pola existencia de hórreos e toponimia de Galicia nas antípodas xa naquel tempo.
Un texto conxunto de Antoni Domènech, Xosé Manuel Beiras, Ernest Urtasun, Gerardo Pisarello e Daniel Raventós en Sin Permiso chama as esquerdas a desenvolver "urxentemente una política europea común", porque "a desintegración da UE sería unha catástrofe de alcance planetario, non só para os europeos".
A Xunta trata o galego como "lingua estranxeira". Así o fixo a Consellería de Educación nunha publicación na súa web, segundo informa a Confederación de Anpas Galegas.
Facenda reclama a familias galegas até 10.000 euros pola dación en pago da súa casa. Considera que é "unha gañancia patrimonial" e só exclúe os desafiuzados que non teñen ingreso ningún.
Os traballadores comezan a segunda folga indefinida en Povisa en sete meses. O sindicato Omega e CCOO desmárcanse dun paro que si apoian CIG, CGT, UGT e SGPS. Denuncian a perda de calidade asistencial, de dereitos laborais e o despido de 13 empregados.
A Xunta expropiou ao dobre do seu prezo a canteira dunha empresa afín a Louzán. O fiscal investiga o pago de máis dun millón de euros á compañía.
Case o 97% dos crimeos vota a favor da reunificación con Rusia. A participación superou o 80%, segundo as autoridades.
O Boiro mantense de líder na Terceira galega logo de vencer 1-0 ao As Pontes. No resto de encontros: Somozas 5 - Laracha 0; Choco 1 - Arousa 0; Racing Vilalbés 1 - Cultural 3; Grixoa 1 - Cerceda 2; Barbadás 2 - Fabril 0; Pontevedra 1 - Rápido de Bouzas 0; Negreira 1 - Alondras 2; Ordes 4 - Betanzos 0; Dorneda 1 - Bertamiráns 1.