Tejero celebrou o 33 aniversario do golpe de Estado nun cuartel da Garda Civil. O seu fillo, anfitrión da homenaxe, foi destituío polo Ministerio do Interior.
Fálase
Compromiso por Galicia organiza esta tarde en Compostela un encontro sobre infraestruturas e mobilidade no que abordarán temáticas como o AVE a Madrid, a necesidade de tres aeroportos ou as infraestruturas terrestres. No acto intervirán como relatores o profesor de Xeografía da USC Miguel Pazos e o enxeñeiro de obras públicas X. Carlos Fernández. Será ás 20:00 no hotel Virxe da Cerca.
O CSO Palavea, na Coruña, está ameazado por unha orde de desaloxo. Nestes momentos, unha concentración ás súas portas defende "este espazo liberado, recuperado e posto ao servizo da cidadanía", despois de catro días de actividades culturais.
As coordinadoras nacionais da Marcha Mundial das Mulleres en Galicia, Euskadi e Catalunya lanzan un manifesto conxunto para rexeitar a contrarreforma da lei do aborto baixo o lema O noso corpo, o noso territorio e fan un "chamamento á mobilización" a carón dos "grupos que emprendan accións para oporse a esta lei".
GCiencia dá conta das investigacións que defenden a chegada de mariñeiros galegos a Australia e Nova Zelandia no século XVI, que se probaría pola existencia de hórreos e toponimia de Galicia nas antípodas xa naquel tempo.
Un texto conxunto de Antoni Domènech, Xosé Manuel Beiras, Ernest Urtasun, Gerardo Pisarello e Daniel Raventós en Sin Permiso chama as esquerdas a desenvolver "urxentemente una política europea común", porque "a desintegración da UE sería unha catástrofe de alcance planetario, non só para os europeos".
A Xunta trata o galego como "lingua estranxeira". Así o fixo a Consellería de Educación nunha publicación na súa web, segundo informa a Confederación de Anpas Galegas.
Facenda reclama a familias galegas até 10.000 euros pola dación en pago da súa casa. Considera que é "unha gañancia patrimonial" e só exclúe os desafiuzados que non teñen ingreso ningún.
Os traballadores comezan a segunda folga indefinida en Povisa en sete meses. O sindicato Omega e CCOO desmárcanse dun paro que si apoian CIG, CGT, UGT e SGPS. Denuncian a perda de calidade asistencial, de dereitos laborais e o despido de 13 empregados.
A Xunta expropiou ao dobre do seu prezo a canteira dunha empresa afín a Louzán. O fiscal investiga o pago de máis dun millón de euros á compañía.