Os médicos acreditan a demencia de varios dos anciáns levados a votar por membros do PP nas eleccións autonómicas de 2012. Entre os carrexados hai persoas de máis de 80 anos con alzhéimer e danos cerebrais
Fálase
Cada vez máis colectivos esíxenlle ao Goberno que Radio Exterior de España continúe emitindo en onda curta, de grande importancia para os mariñeiros que faenan en altura.
Tamén Uruguai celebra eleccións presidenciais este domingo. Na primeira volta Tabaré Vázquez (Frente Amplo) é favorito, con entre un 42 e un 46 por cento dos votos, por diante de Luis Lacalle e Pedro Bordaberry, dos conservadores partidos Branco e Colorado. Porén, parece probable que sexa necesaria unha segunda volta, en novembro, cun resultado moi axustado.
A Xunta perdóalles unha débeda de 25 millóns a 128 concellos a sete meses das municipais. As entidades terán ademais ata cinco anos para pagar o resto da súa débeda co Consorcio Galego do Benestar.
Un millón de persoas protestan en Roma contra a reforma laboral de Matteo Renzi, que facilita o despedimento. Na marcha participaron mesmo algúns políticos do PD.
Dilma Rousseff chega á segunda volta das eleccións presidenciais no Brasil cunha pequena vantaxe sobre Aécio Neves, de entre 4 e 8 puntos segundo as sondaxes publicadas nos últimos días por Ibope, Datafolha ou Vox Populi. Porén, a derradeira enquis publicada, da pequena compañía MDA, sitúa a Neves con 1 punto por diante
María Dolores de Cospedal afirma sobre os escándalos de corrupción que afectan ao seu partido que "o PP está tan escandalizado coma todos, e estamos traballando sen descanso para que non se repitan as malas prácticas do pasado"
Canarias buscará outras opcións de expresión amparadas na Lei de Participación Cidadá se finalmente o Tribunal Constitucional se pronuncia en contra da consulta sobre as prospeccións
Este sábado celebrouse en Compostela a undécima edición do Encontro Galego de Ilustración, organizado pola AGPI. A presidenta da asociación, Marina Seoane, e o coordinador do evento, Manuel Cráneo, destacaron a importancia do elemento asociativo para "defender o colectivo da ilustración".
O PSdeG pídelle á Xunta que sancione os bancos que continúan impoñendo cláusulas solo nas hipotecas, a pesar de ter sido prohibidas polo Tribunal Supremo.