Un millón de persoas protestan en Roma contra a reforma laboral de Matteo Renzi, que facilita o despedimento. Na marcha participaron mesmo algúns políticos do PD.
Fálase
Dilma Rousseff chega á segunda volta das eleccións presidenciais no Brasil cunha pequena vantaxe sobre Aécio Neves, de entre 4 e 8 puntos segundo as sondaxes publicadas nos últimos días por Ibope, Datafolha ou Vox Populi. Porén, a derradeira enquis publicada, da pequena compañía MDA, sitúa a Neves con 1 punto por diante
María Dolores de Cospedal afirma sobre os escándalos de corrupción que afectan ao seu partido que "o PP está tan escandalizado coma todos, e estamos traballando sen descanso para que non se repitan as malas prácticas do pasado"
Canarias buscará outras opcións de expresión amparadas na Lei de Participación Cidadá se finalmente o Tribunal Constitucional se pronuncia en contra da consulta sobre as prospeccións
Este sábado celebrouse en Compostela a undécima edición do Encontro Galego de Ilustración, organizado pola AGPI. A presidenta da asociación, Marina Seoane, e o coordinador do evento, Manuel Cráneo, destacaron a importancia do elemento asociativo para "defender o colectivo da ilustración".
O PSdeG pídelle á Xunta que sancione os bancos que continúan impoñendo cláusulas solo nas hipotecas, a pesar de ter sido prohibidas polo Tribunal Supremo.
O PP premia Ángel Currás coa dirección de Tragsa en Galicia. O ex alcalde compostelán, imputado por tráfico de influencias, renunciará á súa acta de concelleiro e pasará a ter un soldo mesmo maior que o que percibía como rexedor.
O Goberno autorizou 35 consultas en España nas últimas dédadas, case todas municipais. Rexeitou outras 68, por exceder as competencias locais na maior parte dos casos, entre elas as solicitadas por Monforte (1987), Xinzo de Limia (1988) e Pobra de Trives (1995). Este venres o Executivo anunciou que recorrerá ante o TC a consulta sobre as prospeccións petrolíferas na costa convocada polo Goberno canario.
A Cadena Ser entrevista Julian Assange, que denuncia que "Google permítelles á NSA e ao FBI ler os correos electrónicos". O fundador de Wikileaks nega que vaia abandonar a embaixada ecuatoriana en Londres en breve.
Samuel Juárez deixa a Delegación do Goberno en Galicia para ocupar un posto na embaixada de España en China