A web do Parlamento habilita dende hoxe o seu novo espazo de participación cidadá
Fálase
Arabia Saudita esixe eleccións en Siria mentres segue a ser ilegal esixilas en Arabia Saudita. Recólleo eldiario.es
O primeiro treito da autovía Lugo-Santiago cumpre un ano sen apenas tráfico. O vial foi aberto na precampaña das municipais e o tempo de viaxe aínda é superior ao da estrada convencional.
Un atentado suicida en Paquistán (Lahore) deixa cando menos 60 mortos e máis de 300 feridos. As bombas estouparon nos arredores dun parque infantil
Remata a xornada na Terceira galega. Boiro, Cerceda, Choco e Depor B lideran a táboa
Rápido de Bouzas 2-0 Barco
Cerceda 3-0 Choco
Racing Vilalbés 1-1 Silva
Noia 0-0 Negreira
Ribadeo 0-1 Ordes
Deportivo B 4-0 Barbadás
Alondras 0-0 Galicia Mugardos
Arousa 2-2 Verín
Bergantiños 2-1 Ribadumia
Boiro 0-1 As PontesRemata en Segunda B a xornada iniciada o mércores. Vitorias de Rácing de Ferrol e Pontevedra, e derrotas de Compostela, Celta B, Somozas e Coruxo. Os ferroláns, con seis puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, consolidan o seu liderado; o Pontevedra, a nove puntos dos play-off; Celta B e Compostela, en posicións de descenso.
Vitoria do Lugo ante o Albacete (2-1), que coloca o equipo a só un punto dos play-off de ascenso a Primeira división.
O PNV aproveita o Aberri Eguna para anunciar que o lehendakari Iñigo Urkullu será candidato á reelección nas eleccións deste outono. Os jeltzales pídenlle a Bildu "que se aclare": "ou de esquerdas ou abertzales"
Abel Caballero descarta a Carmela Silva como candidata do PSdeG-PSOE á Xunta e, de paso, descártase tamén a si mesmo: "Son alcalde de Vigo, levo nove anos e non me movo de aquí nin con lanzachamas"
O histórico edificio do Centro Galego da Habana acollerá os vindeiros 27 e 28 de maio o undécimo plenario do Consello das Comunidades Galegas, órgano de representación dos galegos e galegas espalladas por todo o mundo, que se reúne cada tres anos.