Na Segunda B, vitorias do Rácing de Ferrol ante o Pontevedra (3-0) e do Celta B ante o Guijuelo (1-0). Empate de Somozas e Compostela (0-0). E derrota do Coruxo ante o Sporting B (2-1). Os ferroláns lideran a táboa con sete puntos de vantaxe ante o segundo
Fálase
Remata a xornada na Terceira galega. Boiro, Cerceda, Choco e Dépor B lideran a clasificación
Noia 1-0 Bergantiños
Racing Vilalbés 2-0 Deportivo B
As Pontes 1-0 Silva
Ordes 3-0 Galicia Mugardos
Rápido de Bouzas 0-1 Cerceda
Alondras 0-0 Barco
Ribadeo 1-4 Ribadumia
Arousa 5-1 Barbadás
Boiro 1-2 Choco
Verín 1-2 NegreiraXulio Ferreiro, alcalde da Coruña, pide un proceso "o máis amplo posible" para as autonómicas. Entrevistado pola Radio Galega, advertiu tamén de que a actitude que está a manter o PSOE a nivel municipal pode supor un obstáculo para que En Marea poida apoiar a investidura de Pedro Sánchez
A corrupción obriga a Esperanza Aguirre a dimitir como presidenta do PP de Madrid. "Asumo a miña responsabilidade política", afirmou, despois de que o pasado xoves a policía rexistrase a sede da formación. Con todo, Aguirre continuará como voceira do PP no Concello de Madrid.
Alfonso e Raúl, os dous titiriteros detidos por representar a obra La bruja y don Cristóbal, destacan no remate da concentración de apoio convocada este domingo en Madrid pola Unión de Actores que "queríamos representar unha historia de ficción que, por desgraza, ten moitas semellanzas coa realidade"
La Opinión esixe nun editorial "transparencia e competencia" para as contratacións que realiza a Autoridade Portuaria da Coruña. O porto herculino adxudicou o ano pasado 11,9 millóns de euros en contratos menores ou negociados que non saíron a concurso público
Boa parte de Galicia (sobre todo na provincia de Pontevedra) rexistrou importantes incidencias polas chuvias caídas este sábado, que mesmo obrigaron a evacuar a varias persoas. Fornelos de Montes chegou a recibir 266 litros por metro cadrado e Vigo 214. Este domingo espérase a chegada dunha fronte fría, con alerta por neve en Ourense a partir do mediodía. No mar, mantense a alerta vermella (no litoral coruñés) e laranxa no resto.
En Marea asegura que non apoiará un goberno no que estea Ciudadanos, ao que cualifican de "PP 3.0" e que defende a "continuidade das políticas do PP". Mantén a "man tendida" ao PSOE pero sinala que a oferta programática presentada polos socialistas é "bastante mellorable" pois non concreta "ningunha cuestión"
En Vigo, ao igual que na Coruña, unha concentración organizada pola Asociación Nós Mesmas protestou contra a LGTBIfobia e a agresión que se produciu esta semana en Compostela.
Tomás Fajardo seguirá como presidente da Federación Galega de Confrarías a pesar de non superar a moción de confianza votada este sábado. 62 votos pediron o seu cese e só 37 o apoiaron. Porén, ao votar só 99 das 126 persoas censadas, Fajardo alega que non se acadou a maioría cualificada que -entende- sería necesaria para esixir a súa marcha.