Cambridge derrota a Oxford nunha das carreiras máis accidentadas que se recordan, que tivo que ser detida na metade pola irrupción dun nadador
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f8080a85297d-_59543580_boatraceinvader.jpg)
Cambridge derrota a Oxford nunha das carreiras máis accidentadas que se recordan, que tivo que ser detida na metade pola irrupción dun nadador
AB, Alternatiba, Aralar, Batasuna e EA celebraron este sábado o Aberri Eguna en Donazaharre, no País Vasco francés, onde leron un manifesto conxunto que afirma que están no camiño de "recuperar a soberanía de Euskal Herria". Este domingo estes grupos celebrarán o seu acto central do Aberri Eguna en Pamplona
"Estamos nunha situación moi delicada", admite Paula Prado, número dous de Conde Roa. Toda a información en El País Galicia
A rede comeza a encherse con peticións para deter o Proxecto de Lei de intercambio e protección de información policial cibernética (CISPA), que se debate do Congreso dos EE.UU. e que substitúe os proxectos de SOPA e PIPA
As empresas aforran 72 mil empregos coas horas extra que non pagan, segundo análises realizadas sobre os datos do Instituto Nacional de Estadística.
Este sábado inaugurouse en Corme o Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte. O centro museístico, promovido pola Fundación Torre-Pujales, recolle a práctica totalidade da obra do pintor Julio Pujales. Toda a información en Que pasa na costa
Os estaleiros vigueses Freire botaron o Discovery, o buque oceanográfico máis avanzado do mundo, cuxa construción fóra encargada polo Instituto británico de investigación medioambiental (NERC) por 85 millóns de euros para a renovación do anterior RSS Discovery, en funcionamento dende 1962
A Cuarta Parede entrevistou o realizador Alberte Pagán: "Sempre traballo con material encontrado, co meu propio material encontrado"
Os socialistas esíxenlle a Feijoo que presente de inmediato medidas concretas para a rexeneración das Fragas do Eume en consenso cos veciños e os concellos afectados. A Executiva do PSdeG-PSOE estivo este sábado en A Capela, onde Francisco Caamaño anunciou que lle realizará unha pregunta parlamentaria a Rajoy sobre esta cuestión.
A semana festiva continuará esta tarde e durante todo o domingo con tempo seco en toda Galicia, con claros que se irán abrindo e que serán xeralizados mañá. Máis información en otempo.