Televinte entrevista a Dani, o rapaz de Taboada que protagoniza o Wrecking Ball galego, que triunfa nas redes sociais.
Fálase
O primeiro temporal do outono, con ondas de máis de dez metros, cuestiona o emprezamento e a operatividade do porto exterior da Coruña, segundo destaca Faro de Vigo.
Ganapán debulla o custo dos diferentes formatos publicitarios nas redes sociais. Inserir publicidade na pantalla de log out de Facebook, como fixo o Ministerio de Defensa polo Día de las Fuerzas Armadas, supera o medio milón de euros.
Persoal da CRTVG concéntrase a esta hora na sede da compañía en solidariedade cos traballadores e traballadoras da Radio Televisió Valenciana. (foto: Fito Ferreiro)
A programación autoxestionada dos traballadores de Canal 9 triplica a audiencia habitual da canle, destaca El Diario. Un debate plural emitido en prime time foi mesmo líder de audiencia na Comunidade Valenciana, cun 13,7% de share.
O Goberno rexional madrileño concentra os recortes sanitarios nos hospitais que se resistiron a ser privatizados. Cóntao El Diario
O PP volve vetar unha iniciativa de AGE para que a Igrexa tribute polos seus bens inmobles que non sexan espazos de culto ou con fins sociais. Os conservadores xa a rexeitaran en xuño porque "podía ofender" e porque "cómpre axudar" á institución católica e non "botarlle unha man ao pescozo".
O PP aproba en solitario no Senado a protección por lei das touradas como patrimonio cultural. Os conservadores teiman en que estes espectáculos "volverán a Cataluña".
Pescanova prevé desfacerse da súa piscifactoría en Mira (Portugal), segundo conta La Voz. A factoría, que Feijóo defendeu instalar en cabo Touriñán dende a oposición, apenas produce á metade da súa capacidade.
A Consellería de Industria realiza trámites da mina de Corcoesto tras anunciar a súa paralización. Cóntao El País