O PP volve vetar unha iniciativa de AGE para que a Igrexa tribute polos seus bens inmobles que non sexan espazos de culto ou con fins sociais. Os conservadores xa a rexeitaran en xuño porque "podía ofender" e porque "cómpre axudar" á institución católica e non "botarlle unha man ao pescozo".
Fálase
O PP aproba en solitario no Senado a protección por lei das touradas como patrimonio cultural. Os conservadores teiman en que estes espectáculos "volverán a Cataluña".
Pescanova prevé desfacerse da súa piscifactoría en Mira (Portugal), segundo conta La Voz. A factoría, que Feijóo defendeu instalar en cabo Touriñán dende a oposición, apenas produce á metade da súa capacidade.
A Consellería de Industria realiza trámites da mina de Corcoesto tras anunciar a súa paralización. Cóntao El País
Andrea Maseda presenta a súa curtametraxe Verbas, que busca "alentar a dignificación, a defensa e a divulgación da nosa lingua"
Dimite Rosa Vidal, directora de Canal 9, tras acusar a Generalitat de "mentir". O Goberno valenciano designará agora un equipo interino que xestione a RTVV até o seu peche.
Genbeta explica varias formas de burlar as restricións xeográficas que algunhas webs presentan á hora de poder acceder a certos contidos.
Tercera Información entrevista a Jorge Arzuaga e as restantes persoas que dende hai 20 días manteñen unha folga de fame na Porta do Sol de Madrid para pedir a dimisión do Goberno.
A sentenza do Prestige farase pública o vindeiro mércores 13, coincidindo co 11º aniversario da catástrofe, segundo vén de anunciar o TSXG.
O persoal de Canal 9 suspende os espazos habituais e emite un programa especial contra o peche da canle no que denuncia, ademais, a corrupción na Comunitat Valenciana. Pódese seguir en directo en Internet #RTVVnoestanca