Andrea Maseda presenta a súa curtametraxe Verbas, que busca "alentar a dignificación, a defensa e a divulgación da nosa lingua"
Fálase
Dimite Rosa Vidal, directora de Canal 9, tras acusar a Generalitat de "mentir". O Goberno valenciano designará agora un equipo interino que xestione a RTVV até o seu peche.
Genbeta explica varias formas de burlar as restricións xeográficas que algunhas webs presentan á hora de poder acceder a certos contidos.
Tercera Información entrevista a Jorge Arzuaga e as restantes persoas que dende hai 20 días manteñen unha folga de fame na Porta do Sol de Madrid para pedir a dimisión do Goberno.
A sentenza do Prestige farase pública o vindeiro mércores 13, coincidindo co 11º aniversario da catástrofe, segundo vén de anunciar o TSXG.
O persoal de Canal 9 suspende os espazos habituais e emite un programa especial contra o peche da canle no que denuncia, ademais, a corrupción na Comunitat Valenciana. Pódese seguir en directo en Internet #RTVVnoestanca
Dúas estudantes do Bierzo defenden o galego nun exitoso vídeo que acumula case 3.500 visitas e que coincide coa polémica pola supresión de aulas de lingua galega en varios institutos da comarca.
Prolingua publica unha carta aberta ao Faro de Vigo. Tras parabenizalo polo seu 160 aniversario, critica que homenaxeen a Rosalía e a Francisco F. del Riego coa publicación de senllos libros en castelán. "Arelamos que o Faro de Vigo corrixa eivas e inercias desgaleguizadoras e converxa no soño colectivo da defensa e ilustración da nosa lingua", conclúe o texto
O blog Pulso Inmobiliario predí unha caída no mercado dos alugueres nos vindeiros meses e tamén nos seus prezos. Sinala que cota hipotecaria media xa se situou por moi por debaixo do aluguer medio.
Feijóo confirma que viaxará a Cuba "a principios de decembro". A Xunta inscribe esta visita na "estratexia" de acción exterior iniciada por Manuel Fraga en 1991, que foi recibido na illa con honras de xefe de Estado.