Dimiten os tres directivos do Banco de España imputados no caso Bankia xunto a cargos como o ex-gobernador, Miguel Ángel Fernández Ordóñez.
Fálase
O BNG confirma que votará a prol dos Orzamentos de Santiago, o que asegura a aprobación do proxecto do goberno de Compostela Aberta. "Non son os orzamentos do BNG, mais impos apoialos por responsabilidade e polas incorporacións de proxectos que se incluíron", indica Rubén Cela. As contas aprobaranse inicialmente en pleno o vindeiro sábado.
A Audiencia imputa as antigas cúpulas do Banco de España e da CNMV pola saída a Bolsa de Bankia. Entre as persoas investigadas está o ex-gobernador Miguel Ángel Fernández Ordóñez, baixo cuxo mandato o regulador deu luz verde á fusión de Caixanova e Caixa Galicia, operación que considerou inviable poucos meses despois.
A gaiteira Cristina Pato gaña o Grammy ao mellor álbum de músicas do mundo coa súa banda Silk Road. O disco, Sing me home, inclúe unha nova versión da canción tradicional galega Cabaliño, na que tamén participaron Davide Salvado, Anxo Pintos e Roberto Comesaña. Podes escoitala nesta ligazón.
De Cospedal chama a "recuperar a unidade do centro dereita español" fronte á "casta populista" tras manter a secretaría xeral do PP, aínda que con menos poder
Caballero aposta por que Carmela Silva sexa quen "leve a bo porto" o PSdeG, do que cre "un drama" que careza de dirección. Afirmouno nunha entrevista na Cadena SER
O futuro de Íñigo Errejón, principal incógnita tras o triunfo do equipo e documentos de Pablo Iglesias na asemblea de Podemos. Cóntao eldiario.es
Investigan a morte violenta de tres membros da mesma familia na Estrada. Unha muller apareceu aforcada e a súa nai e o marido, mortos por ferida de bala.
O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu unha homenaxe ao sociólogo Fermín Bouza, finado o pasado mes de outubro. O acto acto, titulado "Somos ferministas" e organizado pola Revista Luzes, foi presentado por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro e nel interviron Antón Baamonde, Antón Losada, Xosé Manuel Beiras, Amada Traba, Ana Cuña, Antón Patiño, Carmen Pena ou Dores Tebrás.
Detido na Coruña un home de 78 anos despois de apuñalar a súa esposa cun coitelo de cociña. Ela foi trasladada ao hospital e está fóra de perigo