A conselleira de Facenda será candidata do PP á Alcaldía de Vigo, segundo avanza La Voz, o que implica unha negativa de Javier Guerra a ser cartel electoral . As saídas de Elena Muñoz e Jesús Vázquez abocan a Xunta a unha crise de Goberno.
Fálase
Cando menos seis mortos no naufraxio dunha patera preto de Melilla. Na embarcación viaxaban 31 persoas; 15 delas seguen desaparecidas.
O Concello de Santiago impide de novo o uso dun enganche eléctrico para o acto final da manifestación de Queremos Galego, prevista para o día 8. En 2012 a Xustiza xa tombou un atranco semellante do consistorio, daquela dirixido por Ángel Currás.
A Xunta Electoral sanciona o alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras (PP), por protagonizar unha inauguración en período electoral das europeas de maio, cando xa estaba prohibido. Recólleo o Diario de Arousa.
Feijóo pídelle por terceira vez ao ex conselleiro Javier Guerra que sexa candidato á Alcaldía viguesa, segundo adianta Faro de Vigo
O Tribunal de Contas abre xuízo pola xestión irregular do polígono de Someso durante os gobernos de Francisco Vázquez na Coruña. As irregularidades denunciadas polo BNG están relacionadas coa apropiación privativa de bens e dereitos municipais, cunha lesión económica para o Concello de 50 millóns de euros
O PP de Abegondo saca adiante unha moción para excluír das listas electorais as persoas non "vivan, traballen ou nacesen" no Concello. O alcalde, José Antonio Santiso, impulsouna para contrarrestar unha iniciativa da oposición contra a permanencia de persoas imputadas nas candidaturas, situación na que se atopa o rexedor. Recólleo La Voz
O Ribeira Sacra Breogán disputa este serán en Palencia a final da Copa Príncipe. O equipo lucense anima a compartir folgos para os xogadores a través de Twitter #CopaPríncipe2015 #MareaCeleste (Imaxe: Álex Llorca)
Temor no sector do transporte ante a posibilidade de que o Estado o obrigue a transitar por autoestrada. Recólleo El País
O alcalde de Oza-Cesuras, o municipio creado co impulso de Feijóo, protesta contra o Goberno central por non aplicarlle as ventaxes dos concellos fusionados. Cóntao La Voz