A Xunta Electoral sanciona o alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras (PP), por protagonizar unha inauguración en período electoral das europeas de maio, cando xa estaba prohibido. Recólleo o Diario de Arousa.
Fálase
Feijóo pídelle por terceira vez ao ex conselleiro Javier Guerra que sexa candidato á Alcaldía viguesa, segundo adianta Faro de Vigo
O Tribunal de Contas abre xuízo pola xestión irregular do polígono de Someso durante os gobernos de Francisco Vázquez na Coruña. As irregularidades denunciadas polo BNG están relacionadas coa apropiación privativa de bens e dereitos municipais, cunha lesión económica para o Concello de 50 millóns de euros
O PP de Abegondo saca adiante unha moción para excluír das listas electorais as persoas non "vivan, traballen ou nacesen" no Concello. O alcalde, José Antonio Santiso, impulsouna para contrarrestar unha iniciativa da oposición contra a permanencia de persoas imputadas nas candidaturas, situación na que se atopa o rexedor. Recólleo La Voz
O Ribeira Sacra Breogán disputa este serán en Palencia a final da Copa Príncipe. O equipo lucense anima a compartir folgos para os xogadores a través de Twitter #CopaPríncipe2015 #MareaCeleste (Imaxe: Álex Llorca)
Temor no sector do transporte ante a posibilidade de que o Estado o obrigue a transitar por autoestrada. Recólleo El País
O alcalde de Oza-Cesuras, o municipio creado co impulso de Feijóo, protesta contra o Goberno central por non aplicarlle as ventaxes dos concellos fusionados. Cóntao La Voz
Doentes de Hepatite C aseguran que Sanidade perdeu os seus historiais. Recólleo El País
Stop Desafiuzamentos A Coruña subliña que as multas relacionadas coas concentracións contra o proxecto do Ofimático e o desaloxo de Álvaro Corral e a súa familia ascenden aos 4.250 euros. A entidade denuncia que as persoas multadas Wnon foron identificadas debidamenteW durante as protestas
Telmo Martín, a piques de volver optar á Alcaldía de Sanxenxo tras fracasar en dúas ocasións en Pontevedra. Martín xa foi rexedor da vila do Salnés entre 1999 e 2006. Cóntao Faro de Vigo